Surf Campionatos
Luso Galaico 2016 - 17 e 18 de Setembro en Afife
Sábado, 10 Setembro 2016 11:31


A vindeira fin de semana vai ter lugar na praia de Arda, en Afife, unha nova edición do Campionato Luso Galaico, un clásico que xunta os competidores galegos e lusos nunha xornada de amizade e competición en Viana do Castelo. Dende 1998 o Surf Clube de Viana organiza este evento homologado pola Federação Portuguesa de Surf e ten o apoio da Câmara Municipal de Viana do Castelo, Capitania do Porto de Viana, Quiksilver e Roxy.

Ler máis...
 
Convocado o VI Jagüai na Lanzada - 10 de Setembro
Mércores, 07 Setembro 2016 08:46

Jaguai na Lanzada Surf 2016

Despois de moitos meses de espera xa temos o aviso da convocatoria para o vindeiro 10 de Setembro do festival VI Jagüai na Lanzada que vai contar con categorías: Surf Open masculino, Surf open femenino, Paddlesurf Open; Longboard Open, Surf Sub18 Femenino eSurf Sub18 Masculino. O campionato vai ter lugar na zona do Hospital - Restaurante Samar. O prezo das inscripcións é de 15€ con bebida e bocata.

Ler máis...
 
Campionato Open Surf Sereas & Piratas - 23 de Xullo
Luns, 18 Xullo 2016 10:46

O vindeiro 23 de Xullo podedes participar no campionato Open de surf Sereas & Piratas na praia de Razo nun formato diferentes de competición por equipos de tres surfeiros en diferentes modalidades. Tamén haberá un mercadillo surfeiro onde distintos deseñadores e shapers mostrarán e venderán os seus traballos.

Ler máis...
 
Final do Campionato de España 2016
Xoves, 14 Xullo 2016 09:01

Resumo da final do Campionato de España 2016 celbreado en Doniños nas categorías Master e Open de homes e mulleres.

Ler máis...
 
Jonathan Gonzalez & Ariane Ochoa vencen en Caión
Luns, 11 Xullo 2016 08:27

Jonathan González e Ariane Ochoa son os vencedores da primeira edición do Pro A Coruña surf Fest que rematou con moi boas ondas grazas ao swell de verán que entrou o pasado sábado pola tarde e mostrou a millor cara da praia de Caión.

Ler máis...
 
Boas Ondas no quinto día de Surf en Caión
Domingo, 10 Xullo 2016 09:29

Primeiros campións en Junior e Longboard este sábado en Caión que tivo as mellores ondas das semana grazas ao swell que chegou ás nosas costas.

Ler máis...
 
Terceiro día de competición no Pro A Coruña
Venres, 08 Xullo 2016 14:50

Xa está na Rede o resumo coas millores ondas dos Junior do terceiro día de competición no Pro A Coruña Highlights.

Ler máis...
 
Segundo día de surf en Caión - Pro A Coruña Surf Fest
Xoves, 07 Xullo 2016 09:01

Resumo das millores ondas do segundo día de competición de surf na praia de Caión no Campionato WSL Pro A Coruña Surf Fest. As ondas estiveron moi escasas pero baixou o vento e Caión non defraudou ofrecendo boas posibilidades de surf.

Ler máis...
 
Galería de fotos do Pro A Coruña Surf Fest - Andrea Entxugara
Xoves, 07 Xullo 2016 08:53

Velaquí tedes as millores fotos realizadas por Andrea Entxugara o pasado martes na praia de Caión ao participantes das primeiras rondas de competición de surf no Pro A Coruña Surf Fest.

Ler máis...
 
Finais Campionato de España Surf Open e Masters 2016
Mércores, 06 Xullo 2016 14:51

Resumo das finais Open e Masters masculinas do Campionato de España de surf celebrado na praia de Doniños o pasado domingo 3 de Xullo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 66

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: