Surf Campionatos Crónica do campionato de Río Sieira - Circuito Rías Baixas
Crónica do campionato de Río Sieira - Circuito Rías Baixas
Mércores, 29 Setembro 2010 00:00

Carlos P. Gey - Durante a pasada fin de semana tivo lugar a I Competición de Surf e Bodyboard Río Sieira no Concello de Porto de Son, organizada polo Río Sieira Surfing Clube. O vento de noroeste offshore reinante durante as dúas xornadas, acompañado dun magnifico tempo favoreceu o desenvolvemento das probas facendo das sesións un gozar para os vintecatro participantes e para os numerosos asistentes chegados dese diferentes puntos da xeografía galega. Fotos de: Breoi

Pipo Domínguez - Campión da 1ª Proba do Circuíto Rías Baixas

Con sol e bo ambiente, a competición iniciouse o sábado con ondas de até dous metros de altura, de moi boa calidade para o surfing, aínda que non todos os competidores decidíronse a afrontar as duras condicións, renunciando algúns a participar antes do seu comezo.

Adrián Vázquez - Campión de Bodyboard

O domingo, con ondas de metro e medio, menos potentes que as do día anterior pero moi boas para as manobras, deparou unhas mangas moi pelexadas na que os xuíces non o tiveron fácil para seleccionar aos finalistas e campións.

Luis Rodríguez - Subcampión de Surf

O pontevedrés Pipo Dominguez, actual campión galego de surf Open, foi o indiscutible campión destacando pola súa técnica e por marcarse na final  o único tubo con saída da competición. O 2º posto foi para o ferrolán campión de Europa Open, Luís Rodriguez, este local de Doniños destacouse pola seguridade e decisión coa que durante os dous días lanzábase ás ondas máis potentes e radicais. O local Kike Ramos ocupou o terceiro posto.

Guillermo Mito

En bodyboard o local Adrián Vázquez ocupou o 1º posto. Entre as súas accións é de destacar a perigosa e espectacular "back flip" (voltereta cara atrás  no aire) coa que sorprendeu ao público voando varios metros case na mesma beira. Peibol, integrante da selección española, ocupou o 2º posto. Juan Manuel Olveira "Moracha", outro local de Río Sieira, foi premiado co 3º posto. As ondas máis grandes nesta modalidade foron surfeadas polos locais Flekis e Juan Manuel Olveira.

Rolando 4º Surf

A competición foi un éxito de organización pola que o Río Sieira Surfing Clube, de Porto  do Son, recibiu os parabéns de participantes e asistentes. Para a organización do evento contouse coa colaboración do Concello de Porto de Son e os patrocinios de Art Surf Camp (Carballo),  ACHKT (Achícache) e Golfiño Clube de Surf, entre outros colaboradores.

O mítico bodyboarder Carlos Viñas chegou ata semis de surf

Take off de Carlos P Gey

Resumo da Competición:

Sábado: Día 1 de competición.

Clasificados para semifinais:

- Surf: Luís Rodriguez, Rolando Quintáns, Yago Chamorro, Pablo Nemi, Pipo Domínguez, y los locales Kike Ramos, Gulliermo “Mito” y Carlos Viñas.
- Bodyboard.: Peibol, Pedro, Victor y los locales Flekis, Jorge Minino, Juan Manuel Olveira, Adrián Vázquez y Nicolás Nieto.

Domingo: Día 2 de Competición.

Mañá:

Semifinais de Surf e Bodyboard:  2 mangas de 20 minutos/modalidade

Tarde:

Final de  Surf e bodyboard: 1 manga de 30 minutos/modalidade

Resultados Finais

- Surf:

1º Pipo Domínguez (Pontevedra, actual Campión Galego de Surf Open)

2ºLuís Rodríguez (Ferrol, campión de Europa Open)

3º Kike Ramos (local de Río Sieira)

4º Rolando Quintáns (Coruña).

- Bodyboard:

1ºAdrián Vázquez (local de Río Sieira)

2º Peibol (Vigo, selección española de bodyboard)

3º Juan Manuel Olveira “Moracha” (local de Río Sieira)

4º Victor Vidal (Pontevedra).

Fotos de: http://www.flickr.com/photos/breoi/

Texto: Carlos P Gey

Rolando 4º Surf



 
4 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: