Surf Campionatos Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard (Soesto - Laxe)
Campionato Galego de Surf, Bodyboard e Longboard (Soesto - Laxe)
Mércores, 27 Agosto 2008 17:58

A fin de semana do 29 ao 31 de agosto terá lugar o Campionato Galego Caixa Galicia de surf, bodyboard e longboard individual e por equipos na praia de Soesto (Laxe). As inscripciones xa están abertas. Recorda que o xoves 28 ata as 13:00 horas é o último día para facer a inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non é posible federarse, nin inscribirse, nin facer os pagos correspondentes. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: Campionato Galego Caixa Galicia.
ORGANIZA: Concello de Laxe e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Laxe.
DATA: 29, 30 e 31 de Agosto.
LUGAR: Praia de Soesto, ( Laxe).
CATEGORIAS: Open, infaltil e xuvenil.

Condicións especiais para este evento:

  • Só poderán competir deportistas galegos
  • Cada deportista só poderá competir nunha modalidade e nunha categoría.
  • Para o campionato por equipos cada club deberá presentar, no momento de realizar as inscripciones, quen compón o seu equipo, podendo presentar un máximo de dous competidores por categoría e modalidade. Ao final do evento sumaranse os puntos do mellor clasificado en cada categoría e modalidade de cada equipo para realizar o ranking final do Campionato Galego Por Equipos.
  • Para o Campionato Galego individual non hai límite de inscritos.


HORA:

Infantil e xuvenil: confirmación de inscriciones o venres de 12:00 a 12:30 horas na praia. E ás 14:30 horas aproximadamente comezo da competición.

Open: confirmación de inscriciones o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:30 horas aproximadamente comezo da competición.

MODALIDADES: Surf, Bodyboard e Longboard masculino e feminino, infantil, xuvenil e open.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría, material para os catro primeiros clasificados.
PREZO: 20 € categorías Open. 10 € categorías Xuvenil e Infantil. Gratis para Xuvenís e Infantís inscritos por un club ou técnico.
PAGO DAS INSCRIPCIONES: Ingreso na conta de Caixagalicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 28 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS: Debedes enviar o justificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 e un correo electrónico ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf que os seguintes datos:

1º) Club
2º) nome competidor
3º) data de nacemento
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza .
7º) teléfono de contacto.

PECHADURA DAS INSCRIPCIONES: Xoves 28 de Agosto 13:00 horas.

Nova orixinal de: http://www.fgsurf.com/

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: