Surf Campionatos XVIII Trofeo de Surf Concello de Nigrán
XVIII Trofeo de Surf Concello de Nigrán
Venres, 26 Setembro 2008 19:42

O Patos Surf Club organiza nas ondas da Praia de Patos a última proba do Circuito de Surf Galego. Despois de 17 edicións este Campionato converteuse nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional e para os sufistas galegos é a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.

Desde o primeiro campionato que se celebro en xaneiro de 1990 esta vai ser a primeira vez que se fai só de Surf, o bodyboard tamén terá o seu campionato pero en novembro e nunha onda chamada F3, que se atopa situada nun reef de Mougas no concello de Santa Maria de Oia.


O lugar onde os surfeiros romperán as ondas será o Pico de Monteferro (como se coñece a esta onda). Esta é a onda de mellor calidade de patos, pódese ver en todas as guías dedicadas ao Surf e é recoñecida internacionalmente, debido ao seu fondo de roca rompe sempre no mesmo sitio e dá unha saída cara a esquerdas e outra cara a dereitas moi longas, onde un sufista experimentado pode facer as delicias dos espectadores. Pero se a forza das ondas non é a esperada, a organización elixiu unha zona B que é o medio de patos (á beira de Prado).

A competición desenvólvese durante os días 11 e 12 de outubro 2008 na Praia de Patos , ao ser última proba do circuíto está asegurada a presenza dos mellores surfeiros que competirán por levar o ansiado titulo Galego.

A competición está prevista para que comece ás 11h do sábado coas primeiras mangas clasificatorias e o domingo á mesma hora coas semifinais e finais. Aínda que isto non é todo porque tamén se van realizar unha chea de actividades paralelas como a EXPRESION SESSION, aquí poderán entrar na auga todos os surfeiros que o desexen e durante media hora sen ningún tipo de regras, gaña o que faga a manobra mais espectacular e arriscada. Tamén haberá "A túa PRIMEIRA ONDA", un mini curso de Surf gratuíto de 2h de duración, onde monitores da federación galega de Surf prestánche todo o material necesario, ademais duns bos consellos para que todo o que o desexe poida experimentar a sensación de camiñar polo mar, e como non música en directo, e festa surfera no bar Penjamo con agasallos para os asistentes e moitas máis sorpresas.

Ao terminar o campionato farase a entrega de premios do campionato de Surf e do circuíto na mesma praia, despedíndonos así até a vindeira tempada 2009

Para máis información xefe de prensa Pedro Novalbos Telf.- 630954691 / 986208787

Web oficial: www.patosurfclub.com

HORARIO DO CAMPIONATO

SABADO

09:30 Confirmación inscricións.
09:45 Reunión de todos os competidores.
10:30 Inicio competición.
17:25 final Competición

DOMINGO

11:00 Inicio competición
13:00 Expresión sessions e Tag-Team
17:00 Finais
18:30 Entrega de premios na mesma praia

MAREAS

SABADO PREAMAR 14:23 ALTITUDE 3:31
BAIXAMAR 20:42 ALTITUDE 1:04

DOMINGO PREAMAR 15:01 ALTITUDE 3:54
BAIXAMAR 21:17 ALTITUDE 0.81

ONDE DURMIR

A organización pon a disposición dos visitantes unha serie de establecementos próximos á praia de maxima calidade e de mellor prezo.

HOSTAL MONTEVIDEO: o máis ceca da praia, habitacións dobres con baño, televisión e magnificas vistas ao pico do medio de patos. Info.-659 003490 www.hostalmontevideo.net

HOTEL SOTOMAYOR: Rúa Rosalia de Castro n-6 (pegado ao Concello de Nigran) a escasos 5km da praia de patos e con todos os servizos á túa disposición. Habitacións dobres con baño tv e telefono. Habitacións triplas con baño, tv e telefono. info.- 986 366101 www.hotelsotomayor.com

Cámping PRAIA AMERICA: entre o Concello de Nigran e a praia de patos ofrece bungalows para 5 persoas e parcelas para tendas de campaña
info.-986 365404 www.campingplayaamerica.com

Boas ondas!!

 

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: