Surf Campionatos A ASP reinventa o surf mundial de competición!
A ASP reinventa o surf mundial de competición!
Martes, 28 Outubro 2008 20:45

A ASP decidiu reformar en profundidade o sistema de competición para o WCT despois de ver como algunhas cousas fallaron e fallan durante esta presente tempada. Primeiras roldas sen interese pero con perfectas condicións e finais interesantísimas pero con ondas penosas, surfeiros que pasan de todo e non van a certas probas porque xa non poden gañar o título mundial ou simplemente por preguiza son algunhas das razóns que levaron á ASP ha reinventar o WCT para o ano que vén.

Nunha carta enviada hai unha semana, a WPS (World Profesional Surfers) anunciaba os cambios aos Top 45 mentres que o pasado domingo a ASP facíao público mediante un comunicado publicado na súa web:

Altered Dream Tour Format for ASP World Tour in 2009

Despois dunha das reunións máis históricas até o momento, a ASP introduciu a opción para un novo formato de competición que podería funcionar xa no WCT Tour do 2009. Mentres o formato tradicional de 48 homes aínda estará dispoñible, cada evento poderá decidir pór en práctica un formato cambiado de 48 homes que consiste no seguinte: dúas roldas de eliminatorias home a home. A primeira 1 consistirá en 32 surfeiros, os que estean nese momento ente o 17 e o 27 no WCT, tres Tour wildcards (sexa por lesión ou simple invitación), os 15 primeiros surfeiros do WQS nese momento e os tres wildcards elixidos pola organización do evento.

A fórmula de emparellar aos surfeiros continuará co mesmo formato, o surfeiro no posto 17 enfrontarase ao 32 na manga 8, o número nove enfrontarase ao 31 na manga 9 e así consecutivamente. Despois da primeira rolda, os competidores restantes volverán ser ordenados pola súa posición no ranking para a segunda rolda.

Os surfeiros que estean entre os 16 primeiros no ranking pasarán directamente á segunda rolda onde se enfrontarán aos gañadores da rolda 1. Os surfeiros que queden entre os 10 primeiros a tempada anterior terán asegurado o pase directo a segunda rolda mentres que os 6 restantes poderán variar segundo os seus resultados durante todo o ano a partir da terceira proba da tempada. Isto quere dicir que os 16 primeiros no ranking do 2009 non cambiarán até o Billabong Pro Teahupoo.

Despois de Tahiti, só os 10 primeiros da tempada anterior terán asegurado o seu sitio en segunda rolda (o que podería ser un gran incentivo para estar esta tempada en Brasil e Pipeline), mentres que os outros seis restantes poderán ser substituídos polos surfeiros que acumulen máis puntos nas tres primeiras probas.

Renato Hickel (BRA), o director da ASP World Tour, comentou que, "algúns axustes poden ter na próxima reunión do comité técnico. é posible que se reduza de 10 a 8 ou mesmo reclasificar a todos despois da proba en Tahiti, pero teremos que esperar até Hawai para determinalo finalmente".

Este novo formato xa foi confirmado para todas as probas de Billabong: o Billabong Pro Teahupoo, o Billabong Pro Jeffreys Bay, o Billabong Pro Mundaka e o Billabong Pipeline Masters.

O Quiksilver Pro Gold Coast, proba que abre a ASP World Tour do 2009, optou por celebrarse baixo o formato tradicional e Rip Curl aínda non decidiu baixo que formato competirase en Bells Beach e no Rip Curl Search.

Sentámonos con Wayne "Rabbit" Bartholomew (AUS), 53 anos, antigo campión da ASP e actual presidente da ASP Intertational, Mick Fanning (AUS), 27 anos, campión do 2007, e con C.J. Hobgood (USA), 29 anos, campión do 2001 ASP, para discutir sobre o novo formato:

 

  • ¿O primeiro de todo, cal é a razón ou as razóns para cambiar o formato para a próxima tempada?


Wayne Bartholomew: Como a parte do proceso de supervisión estaba claro que tiñamos que desenvolver novos formatos para axustar as necesidades do Tour. O formato normal require catro días de competición. Isto non parece demasiado para un período de espera de 12 días, pero para completala necesítase a chegada de dúas swells para finalizar todas as mangas con ondas de calidade e parece que é demasiado. Para axustalo a un swell de tres días tivemos que reducir o campo de 48 a 36 ou facelo desde un ángulo diferente.

Mick Fanning: Eu creo que algunha xente cre que malgastamos un día ou máis cando facemos a primeira rolda con mangas de tres surfeiros e logo non podemos acabar a proba con boas ondas. Penso que o fará todo moito máis apaixonante porque desde a primeira manga da competición podes quedar fóra.

C.J. Hobgood: Eu creo que o conseguir as mellores ondas no período de espera é a primeira razón de ofrecer o novo formato.

  • ¿A quen se lle ocorreu este formato? ¿Cando e quen votou sobre a súa posta en práctica?


Wayne Bartholomew: O Comité Técnico da ASP elixiu entre un feixe de variacións e optou para recomendar ao Consello un formato de tres días mantendo aos 48 surfeiros desde o principio. Como Presidente do Comité Técnico, presentei estas conclusións e recomendacións na reunión da xunta directiva que tivemos en Huntington Beach en xullo pasado e seguimos dándolle forma durante os meses posteriores.

  • ¿Podemos ver que non todas as probas celebraranse baixo o novo formato, cal é a razón para que non fose obrigatorio pola en práctica en todas as probas?


Wayne Bartholomew: As probas no 2009 terán a opción do antigo formato ou do novo. Quiksilver xa confirmaron que eles correrán co formato antigo, baseado no feito que Snapper é unha onda razoablemente constante e isto pode acomodar a proba masculina e feminina dentro do período de espera. Rip Curl aínda non se decidiu, pero se inclina polo novo formato. Tech Comm traballa para pescudar con canto tempo de antelación unha proba ten que notificar á ASP a súa decisión. En Billabong xa avisaron que Teahupoo, J-Bay, Mundaka e Pipe celebraranse baixo o novo formato mentres que Boost e Brasil estanllo pensando. No 2009 será opcional coa vista posta en facelo obrigatorio no 2010.

  • ¿Cales son os aspectos positivos para os surfeiros, para as probas e para os espectadores o que se celebre co novo formato?


Wayne Bartholomew: Os surfeiros conseguen que todas as súas probas sexan home a home, acabáronse as mangas de tres surfeiros. Está baseado na posición que un ocupa no ranking durante a tempada. As probas conseguen maximizar os ciclos con ondas e celebrar unha proba con mellores condicións. As posibilidades de ter puntuacións baixas redúcense moitísimo mentres se aumentan as de celebrar as mangas finais cunhas boas condicións. Os espectadores conseguen ver unha mellor competición. Non hai roldas sen interese, en todas haberá tensión e poderán ver menos mangas en pobres condicións.

Mick Fanning: O máis positivo é que se acurta o período no que se celebra o evento. Moitas das marusías no mundo duran non máis de tres días, pero os eventos necesitan catro para finalizalo. Quitar unha rolda acúrtao un día, mantén o mesmo nivel porque todas as mangas contan e fai que os 16 surfeiros teñan un incentivo para a tempada actual.

C.J. Hobgood: Creo que o positivo é ter mellores ondas para os surfeiros, menos días para celebrar as probas, e mellores ondas e surfing para os espectadores.

  • ¿Cal é o lado negativo, se o hai, para os surfeiros, para as probas ou os espectadores se se celebra co novo formato?


Wayne Bartholomew: O único lado negativo para o surfeiro chega se perdes en primeira rolda, vasche a casa. Eu hei surfeado toda a miña carreira sen redes de seguridade pero eles afixéronse a ter unha segunda oportunidade. Se as previsións de ondada son moi boas entón a proba podería querer un día suplementario para ofrecerllo á xente na praia, os medios de comunicación e a retransmisión por Internet. Entón esa perda de contido poderíase ver como algo negativo, pero a compensación é ter toda unha proba con condicións excelentes. Tamén, podería pasar que quedase como algo opcional para sempre. Para o espectador o que as probas sexan máis curtas podería ser negativo, pero volvo ao mesmo, gañarase en espectacularidade.

  • Habemos visto que os 16 primeiros na clasificación pasan directamente á segunda rolda. ¿Que pasa co resto?


Wayne Bartholomew: Os restantes 32, feito dos postos 11 ao 27, os 15 primeiros do QWS, as 3 invitacións da ASP e as 3 invitacións da organización da proba irán á rolda 1 en eliminatorias home a home. Así que ninguén se perde nada.

  • Parte das razóns para este novo formato é ter unha soa clasificación mundial. Isto é algo que existía no pasado pero que logo se cambiou nun sistema de dous niveis. ¿Volverase ao antigo sistema? ¿Cales son as vantaxes? ¿Cando se podería implementar?


Wayne Bartholomew: Esperamos pór en práctica un sistema único de clasificación mundial para o 2010. Este será totalmente diferente ao que existía antes de 1992. Aínda haberán probas de 1 a 6 estrelas e probas Prime 6 estrelas e contarán para acceder aos top 45 que serán os que poidan loitar na ASP World Tour. Seguramente será algo máis fluído no que os últimos clasificados do top 45 serán substituídos polos primeiros no WQS na mesma tempada. Será máis comercial, e mellor para os medios de comunicación e para a industria, que é de onde veñen os patrocinios.

Mick Fanning: Creo que actualmente necesitamos un sistema único. A forma en que funciona actualmente faio demasiado complicado para o público en xeral. Creo que axudaría facer o ASP e o WQS máis fácil de entender para todo o mundo. Tamén, se algún se lesiona ou ten un mal ano a súa posición no ranking non caería até o fondo. Tivemos algúns casos como estes en o Tour e afortunadamente isto non se volverá a producir.

C.J. Hobgood: Eu sempre fun un gran simpatizante dun só ranking mundial. Nunca entendín como xente como Danny Fuller, Bruno Santos, Manoa Drollet ou Jamie Ou'Brien non poden competir en semifinais ou finais contra os mellores surfeiros do mundo por que non teñan ranking. Como en Chile cando un wildcard local participou nunha manga, a xente de Chile debería ser capaz de ver como sobe no raking mundial. Mesmo se é o 400, segue estando no ranking. Tamén, un sistema único sería máis fácil de entender. Aínda me poño enfermo cando teño que explicar alguén que non sabe moito de surfing como funcionan estes dous sistemas paralelos

Fonte orixinal: www.surf30.net

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: