Surf Campionatos Crónica do Volcom Duck Fish de Patos
Crónica do Volcom Duck Fish de Patos
Xoves, 30 Outubro 2008 10:54

O noso corresponsal vigues Pit Peretas participou neste evento realizado por Volcom na praia de Patos no Concello de Nigrán e mandounos esta pequena crónica do evento.

O campionato desenrolouse ao longo do sábado, con ondas de 3/4 a 1 metro e vento terral, na metade da praia de Patos. A ausencia de mar dos últimos días fixo que os fondos non estiveran no seu óptimo, como consecuencia as ondas foron de moi mala calidade facendo que acadar algunha manobra fora unha verdadeira milagre.

A organización estivo correcta: música, bo ambiente (máis de 100 competidores) e bocatas de balde.

Simplemente salientar que o noso corresponsal quedou sen a camisola conmemorativa o igual que outros competidores por mor dun irracional reparto das mesmas.

 
 
 

Resultados:

Girls:
1. Erika Franco
2. Lucia Martiño
3. Maria Escrigas
4. Rosa Vieira

Groms:
1. Lalo Díez
2. Jose Molarez
3. Andrés Durán
4. Diego Álvarez

Juniors:
1. Alex Díez
2. Guille Gómez
3. Fer Fidalgo
4. Rafa Dopico

Open-Am:
1. Edu Fernández
2. Bizuka
3. Jaji Iglesias
4. N. Heinrich
 
 
Máis info no web de Volcom
 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: