Surf Campionatos CANCELADA! Os Castros
CANCELADA! Os Castros
Sábado, 29 Novembro 2008 23:12
Federación Galega de Surf - Tras tres intentos fallidos, e malia os grandes esforzos do clube Hola Ola!, dende a FGS vémonos obrigados a suspender definitivamente a proba de Os Catros. Unha vez máis por culpa da climatoloxía adversa. Esta vez o causante da suspensión é o temporal que afecta a toda a península e que impedía aos competidores chegar ao lugar onde se celebraba a proba.

O pago da inscripción seralle reembolsado a todas as persoas que o realizaron.

 

Comunicado da Federación:

A mañá do sábado amencía en Os Castros con condicións moi duras, con temperaturas baixas, fortes ventos e ondas que a primeira hora parecían practicables, algo que cambiaría ao longo da mañá. Ás 07:30 AM atopabámosnos en Os Castros seis compoñentes da FGS e tres do clube local Hola Ola! facendo os primeiros preparativos para dar comezo á última proba do Circuíto Caixa Galicia de Surf e Longboard.

Ás 08:00 a organización comezaba a recibir decenas de chamadas de competidores e xuíces que se atopaban de camiño a Ribadeo e que nos explicaban que lles resultaba imposible chegar ata alí debido ás duras condicións climatolóxicas, algúns ata acompañaban unha fotografía da estrada en mensaxes onde explicaban a granizada ou nevada que estaban presenciando
.

Ás 09:45, unha vez finalizado o periodo para confirmar as inscripcións, ¡tan só un competidor confirmara a súa asistencia á proba!, e decenas de competidores confirmaran telefónicamente a súa falta de asistencia, polo que o Comité de Competición víase obrigado a decidir a suspensión da mesma, sen aprazamento, debido á falta de datas para celebrala ao longo do 2008.

Abandonamos a praia de Os Castros co sabor amargo de non poder celebrar a proba, pero coa moral moi alta grazas á gran disposición e entusiasmo do clube Hola Ola!, o que nos fai prever unha gran proba en Os Castros durante o 2009. Dende aquí, unha vez máis, o noso agradecemento ao clube Hola Ola!

Fonte orixinal: www.fgsurf.com

 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: