Surf Campionatos A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o nulo emprego do galego no Pantín Classic
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o nulo emprego do galego no Pantín Classic
Mércores, 28 Agosto 2013 14:57

Recollemos a info publicada na web da A Mesa pola Normalización Linguística na que denuncia o nulo emprego do galego no Pantín Classic tanto na web, como na megafonía e na revista do evento. Segundo podemos ler na web denuncian o ridiculismo do Alcalde de Ferrol e do Presidente da DEputación da Coruña falando en castelán cando están obrigados a empregar o galego como lingua oficial.

O Vicepresidente da Mesa, Carlos Outeiro, salienta “o ridículo puido ser maior de non se traduciren ao inglés parte das explicacións e comentarios feitos por megafonía así como información da web. Na revista este esforzo esgotouse no título SurfingNews, aparecendo toda a información xeral só en castelán” apuntando asemade que “entre participantes e visitantes a presenza de persoas de distintos continentes é moi importante, mesmo un nutrido grupo de Portugal e Brasil alén, obviamente, da Galiza”

 

 
22 Votes


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: