Surf Campionatos «A Lanzada é un clásico, non ten ondas moi boas pero sempre hai ondas»
«A Lanzada é un clásico, non ten ondas moi boas pero sempre hai ondas»
Domingo, 08 Febreiro 2009 12:33

Sergio Lage CuiñaFacía dous anos que Raspas Corcho Clube non organizaba un campionato na Lanzada. Da man de Oeste Surf e Zorlak converterán esta praia, o sábado a partir das 10.00 horas, nun punto de concentración para surferos de Pontevedra. A Sergio Avelino Lage, ademais de subirse á táboa, tócalle tamén ocuparse da organización.

Por que rexorde este tipo de competición?

Pola escola (o club ten a súa propia escola). Para que os rapaces vexan competir e para que compitan eles mesmos. Hai xente que empezou fai tres anos a facer surf e aínda non competiu porque nos campionatos federados hai que pagar e tes que competir con xente de toda Galicia.


Vostede, como surfeiro veterano, dígame ¿que ofrece A Lanzada?


É un sitio clásico, non é unha praia de ondas moi boas pero entra máis mar que noutras e sempre tes ondas. Por exemplo, en Montalvo son mellores, pero non hai tantas ondas.

A mellor praia?

Fóra de Pontevedra, a de Lariño. Na provincia, a dos Mortos (Sanxenxo).

O surf é caro?

Non, por 100 euros pódesche facer cun equipo de segunda man: traxe de neopreno e táboa.

Pero si fai falta tempo...

Depende. Hai días que sabes que vai haber ondas e nunha hora vólvesche. Aínda que eu xa me pasei ata seis horas buscando praias para surfear.

Fonte orixinal: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2009/02/05/0003_7507541.htm?idioma=galego

 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: