Luis Rodríguez estará presente na Vaca XXL |
Xoves, 15 Decembro 2016 21:37 | |||
O rider ferrolán Luis Rodríguez foi invitado pola organización do campionato que agora mesmo está en alerta vermella e pode dar comezo esta fin de semana. Probablemente o sábado as ondas superen os seis metros e o evento poida ser lanzado. O evento "La Vaca XXL" xunta en Cantabria a 44 tamañeiros, 40 homes e 4 mulleres, na procura de ondas xigantes e moito espectáculo. Boa sorte Luis! A nivel estatal figuran os asturianos Carlos Alberto Meana, Jacobo Rodríguez e Pablo Suarez, os canarios Aaron Rodríguez, o gañador da pasada edición da Vaca Xigante e que vén con ganas de revalidar título, Alex Zirque, David Rodal, Yeray García e Dani Brunch (estes dous últimos entrando con alternativas en lugar de dúas baixas producidas entre os invitados), e Pablo Solar.
Trailer oficial 2017 As ESTRELAS DO SURF MUNDIAL DESAFÍAN A ONDA CÁNTABRA
Vídeo do campionato do 2014 feito por Eldrone.es Se falamos de figuras sen dúbida as estrelas desta edición da Vaca Xigante By Oakley son: a gran figura do surf internacional Grant Baker: a lenda do surf de ondas xigantes non dubidou a responder a invitación que lle enviou o club deportivo ObsessionA2 para a cita santanderina. O surafricano é sen dúbida o número uno a nivel mundial e un ídolo de masas. Ademais, hai que destacar ao portugués Joao Macedo outro dos top mundiais. Finalmente serán catro mulleres as que ao día de hoxe aceptaron o gran reto. Dous do cinco top mundiais acoden ao evento: a portuguesa Joana Andrade e a francesa Justine Dupont confirmaron presenza. A irlandesa Easkey Britton tentará acudir ao anuncio cántabro pendente dunha confirmación oficial por causas de forza maior. A presenza cántabra está asegurada coa suancina Mirka Solar. Máis info actualizada no Facebook de Luis Rodríguez e LaVacaXXL Web oficial: http://lavacagigante.es {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich