JoniJnm.es
Surf Campionatos Presentada unha nova edición do Rufo's Tribute na Coruña
Presentada unha nova edición do Rufo's Tribute na Coruña
Mércores, 09 Agosto 2017 08:39


Presentada unha nova edición do Tributo a Rufo cun reencontro dos surfeiros coas primeiras táboas feitas na Coruña polos pioneiros. Para a edición 2017 o evento dividirase en dúas partes:

1-SURF:

  • Sesión de surf con táboas Rufo's.
  • Aceptaranse outras táboas orixinais non posteriores ao ano 1985.
  • Só poderá participar aqueles surfeiros que leven unha táboa emblemática previa inscrición. E un selecto grupo de surfers convidados pola organización.
  • Celebrarase durante a mañá do sábado 9 de setembro.
  • O anuncio decidirase en función das condicións.

2- FESTA:

  • Aberta a todo o que queira vir.
  • Nenos e mascotas are welcome!!
  • A partir das 18h. Ata que nos boten no Miradoiro do Matadoiro. A Coruña. Haberá: exposición das táboas participantes, paella mariñeira e cervexas frías, concerto de Miki e Dóuralos, charlas cos Pioneiros, entrega de premios da sesión de surf e proxección.
  • Entrada libre: o que queira cear paella cunha Estrela Galicia deberá abonar 5€/persoa.

Se queres participar tes que mandar un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co asunto: inscrición Rufo's Tribute e indicando os datos persoais e fotos da táboa coa que vas participar. *A inscrición é gratuíta.

Imaxe da primeira edición. Foto: Jesús Busto

Tedes toda a info do evento en:

https://www.facebook.com/events/115061159140831

Organizado por:

https://www.facebook.com/Lobos-de-Mar-Surf-Club-1219349708188231/

+ fotos da primeira edición:

http://desdelacroa.blogspot.com.es/2015/07/historias-rufos-tribute-y-la-primera.html

Lobos de Mar Coruña

 
1 Vote

2 Comentarios

  1. "Dous partes? Será "dúas partes"..."""
  2. Moitas grazas pola revisión. Xa esta corrixido o erro. Saúdos.

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
JoniJnm.es
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: