Gony Z Series - 16 de Decembro en Patos |
Martes, 28 Novembro 2017 12:11 | |||
O mellor surfeiro galego de todos os tempos, e actualmente o mellor nacional e subcampión europeo WSL, volve á súa praia como cada ano para celebrar o Gony Z Series. Trátase dun divertido evento aberto para todos os surfeiros e totalmente gratuíto. A idea é gozar xunto a Gony Zubizarreta de toda a súa experiencia e compañía. Nesta terceira edición chega a consolidación con considerables cambios e teremos tres categorías e moitos premios. Unha especie de competición atípica na que se puntuará actitude, fluidez, estilo e sobre todo esencia, valores fundamentais en todos os eventos organizados polo Vigo Mafia Surf Club. Ademais durante a xornada haberá sorteos e moitas sorpresas. Para acabar desprazarémonos a La Burguería en Vigo (Rúa García Barbón 30) xunto a Gony e todos os amigos, participantes e fans para facer un repaso ao seu ano no circuíto mundial. Compartiremos experiencias entre surfeiras no que volverá ser unha xornada inesquecible para os surfeiros asistentes.
Vídeo de la edición 2015 Organiza: La Conservera del Surf e Vigo Mafia Surf Club. CATEGORÍAS: https://www.facebook.com/events/317453652087324/
|
Novidades:
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Longboard Surfing en Galicia
- Aprazada! 1ª Proba da Liga Galega de Longboard en Bastiagueiro
- Triais Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Galicia estrea o Rip Curl GROMSEARCH ao grande
- Tow-surfing curso II con Eric Rebiere
- 1ª Proba Liga Interescolas este 30 de abril en Patos
- Convocado o Rip Curl GromSearch en Razo