Surf Campionatos Novas datas: Iº Waipia O'Grove Surf Pro - 29 e 30 de Decembro
Novas datas: Iº Waipia O'Grove Surf Pro - 29 e 30 de Decembro
Martes, 19 Decembro 2017 17:38

Waipia Surf Galicia

En base ao parte meteorolóxico para o próximo fin de semana, a organización do campionato decidiu abrir o período de espera á seguinte data proposta (29-30 decembro). O prazo de inscrición para os participantes queda aberto ata o vindeiro mércores 27 de decembro ata as 17:59, onde se enviará a todos os participantes o itinerario do evento. En caso de existir malas condicións de novo aprazarase ao seguinte e último fin de semana proposto (6-7 de xaneiro).

O  'Waipia O'Grove Surf Pro' que se celebrará os días 29 e 30 de decembro na famosa praia da Lanzada. O evento consistirá nun Open Surf Contest con 32 participantes e contaremos para esta primeira edición do campionato con 1000€ en premios. As inscricións realizaranse a través do correo electrónico " Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " ata o luns 18 de decembro (23:58) ou ata cubrir prazas.

En caso de malas previsións de ondas, establecerase un período de espera para os dous seguintes fins de semana da data sinalada 29-30 de decembro e 6 e 7 de Xaneiro. Haberá agasallos e sorteos para os participantes e asistentes no evento.

+ info en: Waipia Surf School

 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: