Surf Campionatos Ignacio Guisasola novo campión do Iº Waipia O Grove Surf
Ignacio Guisasola novo campión do Iº Waipia O Grove Surf
Luns, 08 Xaneiro 2018 19:35

Waipia Surf Galicia

O surfeiro pontevedrés, local da Lanzada, Ignacio Guisasola proclamouse xusto campión na primeira edición do Waipia O Grove Surf Pro esta pasada fin de semana. Unha xornada marcada polas condicións na Lanzada, vento perfecto do nordés e ondas chegando a pasar un metro de altura, dereitas e esquerdas abriron todo o día para que todos os participantes mostrasen o seu mellor nivel ao máis de centenar de asistentes que se achegaron ao Grove para vivir unha xornada de surf fermosa.

Durante todo o evento sorteáronse agasallos da nosa marca, un neopreno  altagama Premium, 2 ceas para 2 no Casino A Toja, 1 Spa para 2, fundas BRUTO e 2 entradas para o Celta-Real Madrid que se disputou esa mesma tarde. O formato do campionato era en prize  money, contamos con 1000€ en premios, 800€ deles en metálico que se repartiron entre os 4 finalistas.

Na primeira manga de semifinais, Luís Ansín obtivo a mellor puntuación cun 10,60 seguido da revelación do campionato, o vigués Pedro Suárez que obtivo un 9,70. Logo Guillermo Carracedo cun 9,47 e Pablo Fernández cun 8,53. Na segunda semifinal vivimos unha final anticipada entre Ignacio Guisasola, Miguel Pérez, Pablo Montero e Guillermo Gómez que obtiveron 16,07, 15,73, 10,44 e 9,13 respectivamente.

Finalmente, ás 16:45 comezou a final entre os locais Ignacio  Guisasola e Luís Ansín, o vigués Pedro Suárez e o coruñés Pablo Montero. A manga estivo moi axustada entre os dous primeiros desde principio a fin, Luís Ansín liderou a manga ata que Ignacio Guisasola impúxose nunha esquerda longa de dúas manobras onde lle serviu o 6,23 para superar a Luís. O premio ao Rookie do campionato levouno o valente Sebas Baamonde que con tan só 10 anos atreveuse a participar nesta primeira edición.

Despois de tres duras semanas de traballo, de tres temporais seguidos que azoutaron as Rías Baixas, á terceira foi a vencida, e onte puidemos desenvolver a nosa primeira edición do Waipia O Grove Surf Pro, un evento que pon a guinda final a un ano cheo de cambios e novos proxectos.

Para este ano non puidemos retransmitir o evento en directo pero deixámosvos con moito gusto algunhas das mellores instantáneas do campionato. Imaxes por Pablo Vidal, Manuel Pazos e  Sila  Padín.

Noticia orixinal en:

www.waipiasurf.es/ignacio-guisasola-se-proclama-campeon-lanzada/


 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: