Surf Campionatos Volta o Campionato de España a Doniños
Volta o Campionato de España a Doniños
Martes, 29 Maio 2018 22:25

A praia de Doniños volverá recibir aos mellores surfeiros do Estado en todas as súas categorías. Do 25 de xuño ao 1 de xullo celebrarase a VIII edición dunha cita que novamente será o punto de encontro de todos os amantes deste deporte. O Campionato de España de Surfing, que o ano pasado bateu todas as marcas de participación con máis de 250 inscritos, é unha competición única á que se accede por méritos deportivos e que coroará aos 12 novos campións de España.

Por tanto, en Doniños coñecerase aos Campións de España 2018 nas categorías: sub-12 mixto; sub-14 feminino e masculino; sub-16 feminino e masculino; sub-18 feminino e masculino; surf open feminino e masculino e surf máster open. Ademais de en Surf, coñeceremos aos campións de España nas modalidades de Surf Adaptado e Kneeboard.

Durante a última semana de xuño e a primeira fin de semana xullo poderase gozar dos mellores surfeiros, que tentarán revalidar os seus títulos, por seleccións autonómicas (25 e 26 de xuño) e de maneira individual (27 de xuño ata o 1 de xullo).

Os actuais campións de España absolutos Marcelino Botín (Cantabria) en Surf Masculino, Garazi Sánchez (Euskadi) en Surf Feminino, Álvaro Bayona (Cataluña) en Surf Adaptado (AS4 Prone), Aitor Francesena (Euskadi) en Surf Adaptado (Visually Impaired) e Rubén Gutiérrez (Cantabria) en Kneeboard buscarán revalidar os seus respectivos títulos.

Pola súa banda, os mozos Kai Odriozola (sub-12), Janire González (sub-14 feminino), Moisés Domínguez (sub-14 masculino), Nerea Donaire (sub-16 feminino), Iker Amatriain (sub-16 masculino), Nadia Erostarbe (sub-18 feminino) e Ignacio Guisasola (sub-18 masculino), xunto con novos talentos que deron un gran salto de calidade, buscarán levar novamente o título nas súas diferentes categorías.

Durante a semana tamén se desenvolverán un amplo programa de actividades destinadas a converter de novo o Campionato de España de Surfing na gran festa deste deporte.

Sete días nos que se poderá gozar dun gran espectáculo no que os deportistas aproveitarán para alzarse co primeiro título da tempada 2018.


 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: