Surf Campionatos Yael Peña e Sara Urresti triunfan no II Open de surf Esteiro
Yael Peña e Sara Urresti triunfan no II Open de surf Esteiro
Mércores, 13 Xuño 2018 12:05

Yael Peña surf Galicia

O surfeiro canario Yael Peña impúxose en categoría masculina e achégase ás primeiras posicións do ránking FES xeral. En categoría feminina, a moza Sara Urresti consegue a segunda vitoria consecutiva e afiánzase no liderado. O "II  Open de Surf Esteiro", celebrado na localidade lucense de Xove, coroou aos vencedores da terceira proba de LaLigaFESURFING nunha xornada onde a competitividade e o bo surf foron os protagonistas.

Miguel Moneo Surf Galicia

Despois dun inicio temperán, onde o bo clima e as ondas estaban á alza, o gran nivel dos competidores non tardou en aparecer. O canario Yael Peña, que se mostrou moi sólido durante toda a xornada, logrou as puntuacións máis altas do evento tanto en mellor onda (9.00 puntos) como en mellor combinación delas (17.23 puntos). Na final  Open Yael Peña, con dúas boas ondas, unhas delas un “aéreo  reverse” valorado con 7.00 puntos, conseguiu o primeiro posto nunha manga dura e pelexada por todos os competidores. Unha final moi apertada na que o segundo posto foi para Bitor Garitaonandia, quen realizou unha gran competición, por diante do actual líder da clasificación Juanjo Fernández e Eric Rebiere.

Yael, vencedor da proba, recoñecía tras a entrega de premios que: “estou moi contento con esta vitoria que me axuda a sumar puntos para a clasificación xeral de  LaLiga  FESURFING”.

Sara Urresti surf Galicia


Na final feminina a vasca Sara Urresti impúxose aos seus rivais cunha puntuación total de 12.84 puntos. Completaron o pódium, a canaria Melania Suárez, a galega Isabel Gundín e a asturiana Nerea Donaire. Con esta vitoria Urresti consolídase á fronte da clasificación xeral de LaLigaFESURFING en categoría feminina. Urresti mostrábase moi satisfeita tras a vitoria: “estou moi contenta porque con este xa sumo dous primeiros postos e isto axúdame a estar máis preto de conseguir a final de tempada o título nacional”.

Pola súa banda, Nacho Fernández, organizador da proba, mostrábase satisfeito como anfitrión “esta é a terceira proba de LaLigaFESURFING e dános a oportunidade de poñer a Esteiro no mapa, ademais, é unha oportunidade para que todas as persoas que se desprazan desde o resto de España coñezan o que aquí temos”.

Surf Galicia

En categoría  sub 18, Diego García e Sara Urresti conseguiron a vitoria e conseguen 1000 puntos para o circuíto FESURFING Junior Series. A xornada do domingo, reservada para o resto de categorías volveu deixar un gran espectáculo. En categoría  master (maiores de 35 anos) o galego Milo Castelo conseguiu a vitoria superando a  Christian Jimenez, Chumi García e Luís Otero. En SUP Ondas, Guillermo Carracedo impúxose a Jorge Dopazo,  Cassio  Gimenez, Iago Domínguez e Joan Piferrer respectivamente. En Bodyboard Sub18, a vitoria foi para Bruno Martín mentres que en Open foi para  Iago Díaz.

Milo Casterlo Surf Galicia

Surf Galicia

Surf Esteiro Galicia

Fonte da nova e fotos:

http://laligafesurfing.es


 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: