Surf Campionatos Patos Surfing Day - 30 de Xuño
Patos Surfing Day - 30 de Xuño
Luns, 25 Xuño 2018 11:30

Patos Surfing Day

Volve á praia de Patos una das mellores actividades do ano o PATOS  SURFING  DAY 2018. Este ano ten como principal novidade a organización do evento por todas as escolas da praia: Prado Surf, Patos Surf, La Conservera del sur, Point Break e Txoko Surf.

Se sempre quixeches facer surf e non te atreviches, tes curiosidade de sentir como é deslizarse polo mar, esta é a túa oportunidade. Por só 5€ non te podes perder este día. Para todas as idades (desde os 6 ata os 70 anos) curso de surf con todo incluído, grellada, xogos con premios para todos, ioga, música, test de táboas, etc... as prazas son MOI LIMITADAS e só reservásese por orde de inscrición. Non te perdas esta xornada de portas abertas das escolas de Patos.

Para inscribirse no email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono: 986208787 ou a escola de surf - Patos surf

HORARIOS:

9:20 a 9:30 Repartición de acreditacións aos inscritos
9:30 a 12:00 Curso de iniciación ao surf
9:30 a 12:00 Curso adaptado
12:00 a 14:00 Surf escolas
14:00 a 16:00 Grellada  Surfera
16:00 a 18:30 test de táboas de surf
16:00 a 17:00 ioga
16:00 a 18:30 Actividades e xogos
Aluguer de material (só alumnos de escolas)
18:30 a 19:30 recollida colectiva de lixo na praia.

Clausura do  Surfing  Day 2018

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: