Surf Campionatos Festa 20 Aniversario de Prado Surf Escola
Festa 20 Aniversario de Prado Surf Escola
Xoves, 16 Agosto 2018 11:29

Prado Surf Escola

Prado Surf Escola cumpre 20 anos e queremos celebralo con todos vós, alumnos, exalumnos, familias, amigos e todos os amantes do surf e do mar. Esperámosvos o vindeiro venres 17 de agosto na Praia de Patos (Nigrán) para un día repleto de actividades, música e boa comida.

Un pequeno avance, para empezar ben o día teremos unha clase de iniciación ao ioga aberta ao público na praia, continuaremos cun bautismo de paddle surf e a partir de aí a festa continua no parking de atrás da escola cunha sesión vermú con concerto en directo e onde poderás gozar da mellor comida a mans de dúas foodtrucks moi especiais.

Para os máis pequenos teremos un espectáculo de maxia e festa da espuma. E para os que queiran gozar do atardecer desde a praia con boa música a festa continuará ata as 00:00 a mans de DJ Gus-G. Ademais, durante todo o día teremos o campionato de surf dos noveis e outro moi especial, o de 3 Xeracións, onde exalumnos que pasaron pola escola durante o últimos vinte anos veranse as caras de novo no mar.

A entrega de premios será ás 20:00 e os gañadores recibirán produto a mans de Just the sexa + Karün, Waira e Prado Surf Escola. Esperámoste!

Desde Prado Surf Escola queremos dar as grazas aos patrocinadores e colaboradores dun día tan especial: Alumisel, Só imprenta, Mitsubishi motors, Just the sexa by sexa lovers, Karün, Nordesia, Waira, Fundación Ecomar e Concello de Nigrán.

*Paddle surf: Esta actividade realizarase previa inscrición e terá un custo reducido de 5€.

+ info en:

https://www.facebook.com/events/2042769999386289/

 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: