Surf Campionatos Finais na Frouxeira - Campionato de España
Finais na Frouxeira - Campionato de España
Venres, 28 Xuño 2019 09:03

Os campións de España en categoría absoluta decidíronse en ondas de calidade excelente e cun gran surfing por parte de todos os competidores. Nas semifinais  open masculinas vivíronse algúns dos mellores momentos do día. O galego Martin Cortijio deu a sorpresa meténdose contra todo pronóstico na gran final. Pola súa banda, o tamén galego Gony  Zubizarreta clasificábase para a final surfeando unha onda de 8,00 puntos a escasos trinta segundos de que soase a bucina.

Na final, o surfeiro vasco Iker Amatriaín proclamouse campión cun surf moi adoitado e unha puntuación total de 16,35 puntos.  Amatriaín demostrou en todas as súas mangas a gran calidade que atesoura e convértese en Campión de España absoluto no seu último ano de júnior.

Tamén destacar o gran espectáculo que ofreceu Vicente Romero. Cun surf moi elegante e preciso durante todas as mangas, na final proclamouse sub campión de España cunha puntuación total de 15,60. Completaron o podium os galegos Gony Zubizarreta e Martín Cortijo cunhas puntuacións de 13,00 e 9,50 puntos respectivamente.

Iker mostrábase moi satisfeito tras sumar un novo título de campión de España: “Moi contento de gañar a categoría open sobre todo de lograr gañar tamén nas categorías  sub 16 e sub 18 nas pasadas edicións”.

Moita emoción a vivida na final feminina. A surfeira Janire González, cun gran surfing durante toda a xornada, e con tan só 14 anos converteuse na surfeira máis nova en proclamarse campioa de España de surf absoluto con 16,00 puntos. Nunha final moi disputada entre  Janire González e  Melania Suárez a balanza declinaríase ao lado da nova surfeira.  Melania cunha puntuación total de 12,10 puntos sería segunda por diante de Nerea Donaire, 7,20 puntos, e Bianca Tye, 7,10 puntos. Todas as deportistas mostraron un alto nivel de  surfing.

A gañadora mostrábase así de contenta ao acabar a proba e proclamarse campioa de España: “a verdade que aínda non me creo que fose a máis nova en gañar este campionato”.

Na categoría máster, os surfeiros máis veteranos do campionato deixaron mostra do gran nivel de surf que atesouran. Eric Rebiere revalidou por cuarta vez consecutiva o título de campión de España en categoría máster. A final de categoría máster foi un espectáculo moi vistoso. A boa elección de ondas dos competidores foi constante. A decisión de  Rebiere de afastarse dos seus rivais permitiulle  surfear unha onda valorada en 9,00 puntos que foi determinante para o título.

Dani García tamén deixou claro a súa importante traxectoria, o cántabro con dúas boas ondas e unha puntuación total de 12,70 puntos lograría o subcampeonato. Completou o pódium os galegos Luís Rodríguez con 11,35 puntos e Milo Castelo, con 8,00 puntos.

Rebiere analizaba así o momento determinante da manga: “Dani García empezou moi ben e con dúas puntuacións bastantes altas, así que, decidín desprazarme cara ao medio da praia e a verdade que me saíu unha onda moi boa. Ata que cheguei á praia non sabía se gañara”.

 
3 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: