Surf Campionatos XXI Luso Galaico - 14 e 15 de setembro
XXI Luso Galaico - 14 e 15 de setembro
Martes, 10 Setembro 2019 15:26

XXI Luso Galaico Surf

O Luso Galaico é un dos campionatos de surf máis antigos da Europa e vaise realizar na praia da Arda, en Afife, Viana do Castelo os vindeiros días 14 e 15 de setembro. En competición estarán as categorías de: Surf  Open; Bodyboard Open; Longboard  Open; Surf Feminino Open; e Bodyboard Feminino Open.

Esta edición, organizada polo Surf Club de Viana e pola  Federación Galega de  Surf e apoiada pola Federación Portuguesa de  Surf, estará asociada á celebración dos 30 anos deste club  vianense, en curso ao longo de 2019.

Terá como convidados especiais aos clubes e xestores dos Centros de Alto Rendemento de surf portugueses: a Asociación de Surf de Aveiro (CAR Surf de San  Jacinto); o Club de Deportes Alternativos da Nazaré (CAR Surf de Nazaré); e o Península de Peniche Surf Club (CAR Surf de Peniche), contribuíndo para o desenvolvemento dunha estratexia integrada do surf portugués e, en particular, do surf de alto rendemento, ben como para o seu desenvolvemento.

Contará tamén coas presenzas do presidente do Consello de Administración da Fundación do Deporte, Paulo José Frischknecht, e do seu director executivo, Paulo  Marcolino.

Este campionato, que integra o Viana Surf City Festival 2019, ten o apoio do Concello de Viana do Castelo, do Instituto Portugués do Deporte e Xuventude, da Xunta de Galicia, da Fundación do Deporte, da Federación Portuguesa de Surf, da Quiksilver, da World Surf Cities Network, da Meo Beachcam, da Roxy, da Viana Segura e da Cabo d'Mar.

Boas Ondas! Mellor  Surf!

BENVIDOS!  BENVIDOS!

 
0 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: