O Surf Adaptado competirá en Nigrán |
Xoves, 09 Setembro 2021 13:33 | |||
Os próximos días 22 ao 26 de setembro o surf adaptado volve á primeira plana. A localidade galega de Nigrán acollerá o Evento de Surf Adaptado na praia de Patos, no que se celebrará o Campionato Galego e o Campionato de España desta modalidade. Tamén haberá unha proba internacional Open que contará con surfeiros de diferentes nacionalidades. As inscricións abriranse o venres 10 na web da Federación Española de Surfing. Realizaranse xornadas de bautismos de surf para persoas con discapacidade intelectual. Solicitamos persoas voluntarias para a realización destas actividades (obrigatorio posuír o título TD1). Por favor contactade coa FGS.
|
Novidades:
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Longboard Surfing en Galicia
- Aprazada! 1ª Proba da Liga Galega de Longboard en Bastiagueiro
- Triais Cabreiroa Junior Pro Ferrol
- Galicia estrea o Rip Curl GROMSEARCH ao grande
- Tow-surfing curso II con Eric Rebiere
- 1ª Proba Liga Interescolas este 30 de abril en Patos
- Convocado o Rip Curl GromSearch en Razo