Mércores, 15 Novembro 2017 10:21 |

Esta fin de semana temos proba do circuíto galego de surf na praia d'As Furnas no Concello de Porto do Son. Esta nova proba Junior e Open de surf é clasificatoria para o Campionato de España vai ter lugar os días 18 e 19 de Novembro. Xa vos podedes inscribir.
|
Ler máis...
|
Venres, 06 Outubro 2017 15:13 |
Xa tedes o vídeo oficial da FGS coas imaxes do Campionato Junior de Surf n'A Lanzada a pasada fin de semana.
|
Luns, 02 Outubro 2017 08:29 |
Borja Malvar foi o campión da proba Sub-18 na praia da Lanzada este pasado sábado seguido de Ignacio Guisasola. Foi unha final moi axustada e con boas ondas como podedes ver neste excelente vídeo gravado dende o ar. Seguiremos informando...
|
Xoves, 21 Setembro 2017 08:51 |
Vídeo oficial da FGS co resumo do acontecido na praia de Pantín na proba do Circuíto Galego de Surf 2017 con ondas dun metro e con series máis grandes e algo tocado de vento.
|
Venres, 11 Agosto 2017 08:44 |

Esta fin de semana vai ter lugar na praia de Pantín unha proba de surf Junior e Open, paddle surf e longboard do Circuíto Galego 2017. Por mor das previsións de ondas non se van realizar as restantes probas nas outras modalidades. Debaixo podes ver o vídeo oficial da edición 2016 do campionato en Pantín que foi un éxito de participación con moi boas ondas, longas e divertidas.
|
Ler máis...
|
Venres, 09 Xuño 2017 11:56 |
Xa temos o vídeo oficial do Open surf Esteiro de Xove celebrado a pasada semana na Mariña e con éxito de participación e público.
|
|
Xoves, 01 Xuño 2017 11:48 |

Esta fin de semana vai ter lugar a proba Junior e Open de surf, bodyboard, longboard e paddle surf na praia de Esteiro no Concello de Xove. Haberá música, actividades, premios en regalos e metálico pra os competidores e moi bo ambiente no Surf Café Bar de Esteiro.
|
Ler máis...
|
Mércores, 10 Maio 2017 09:05 |
Resumo oficial da 2º proba do Circuíto Galego Junior de surf e Bodyboard na praia de Patos en Nigrán. |
Ler máis...
|
Venres, 05 Maio 2017 08:47 |

FGS - O domingo daba comezo a 2º proba do Circuíto Galego junior na Praia de Patos, Nigrán. O domingo foi a quenda para a modalidade de bodyboard tanto a categoría sub16 como a sub 18, en surf foi a quenda para os máis maiores desta modalidade, sub18 masculino, sub18 feminino e tamén sub16 masculino. A xornada empezaba con vento cruzado bastante forte e con ondas de aproximadamente medio metro e acabou con ondas dun metro pasado, a choiva e o sol sucedíanse constantemente e o vento foi cesando a medida que avanzaba o día. As mellores condicións de ondas déronse coa marea alta coincidindo co inicio e co final da xornada. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 04 Maio 2017 08:55 |
Velaquí tedes o vídeo resumo das finais de surf Sub16 e Sub18 no pasado Campionato Junior do circuíto galego de surf celebrado esta fin de semana na praia de Patos. Un vídeo grazas a Sebas Bamonde. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 19 |