Mércores, 26 Abril 2017 09:05 |

Os días Domingo 30 de abril e luns 1 de Maio vaise celebrar a 1ª Proba Junior de surf e bodyboard na praia de Patos no Concello de Nigrán. Xa vos podedes inscribir na web da Federación Galega de Surf. |
Ler máis...
|
Martes, 04 Abril 2017 15:10 |
Resumo dun ano enteiro de competición nun fermoso vídeo de 12 minutos de duración con imaxes de diferentes probas do Circuíto Galego de surf e bodyboard grazas ao traballo da Federación Galega de Surf. |
Ler máis...
|
Martes, 28 Marzo 2017 09:28 |
Velaquí tedes o primeiro vídeo oficial da FGS con imaxes do pasado Campionato de surf celabrado na praia da Lanzada e pertencente ao circuíto galego de surf. Ondas mínimas permitiron a celebración do evento pero con condicións peores das esperadas. Gran ambiente na praia e moitos participantes chegados de toda Galiza e tamén doutros lugares como Cataluña e Canarias.
|
Ler máis...
|
Xoves, 02 Marzo 2017 09:46 |

Co gallo da celebración do V Campionato Surf Concello de O Grove, 1ª Proba Infantil e Xuvenil da Federacion Galega de Surf en colaboración con Prado Surf Escola, queremos aportar o noso grao de area, contribuindo coa campaña de micromecenazgo #biopsialiquida para avanzar no estudo contra o cancro que se desenvolve o grupo de investigadores Oncomet nos laboratorios do Hospital Universitario de Santiago.
|
Ler máis...
|
Mércores, 28 Decembro 2016 10:02 |
FOAM TV presenta o seu novo vídeo co resumo do Campionato no Pico de Patos a mediados deste mes e que contou con moi boas ondas e unha alta participación de competidores e público. |
Ler máis...
|
Mércores, 21 Decembro 2016 09:34 |
Vídeo presentado por Novalbos coas mellores imaxes do 25º Trofeo de Surf Concello de Nigrán no Pico de Patos e que foi a última proba do Circuíto Galego de Surf deste ano. |
Ler máis...
|
|
Martes, 13 Decembro 2016 11:51 |

Novalbos - Este sábado concluíu en augas de Patos, cos mellores 60 surfeiros vindos de toda Galicia, a última proba do circuíto Galego de surf 2016, que organizaba o Clube Patos, o Concello de Nigran e a Federación Galega de Surf. O de patos é o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro en organizar foi no ano 1990 e desde entón non paramos, chegando este ano á 25 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos unha cita obrigada do inverno nas Rías Baixas. 
|
Ler máis...
|
Martes, 06 Decembro 2016 11:05 |

A vindeira fin de semana, 10 ou 11 de decembro, celebrarase a 4º proba Open de Surf e Longboard do Circuíto Galego na Praia de Patos, no Pico. AS inscricións pechan o xoves día 8 de decembro as 13.00h. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. O venres publicarase o horario provisional na nosa web fgsurf.org |
Ler máis...
|
Martes, 22 Novembro 2016 21:05 |
Novo vídeo oficial da FGS co resumo do pasado Campionato do Circuíto Galego de surf junior e infantil e paddle surf Open celebrado hai un par de semanas na praia da Lanzada nas Rías Baixas. |
Ler máis...
|
Xoves, 03 Novembro 2016 18:16 |
Xa temos o novo vídeo da FGS coas imaxes das mellores ondas do pasado Campionato celebrado en Razo da 4ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard e 3ª Proba Open de Surf e Bodyboard. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 19 |