Surf Circuito Galego
Convocada a 1ª Proba do Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard en Patos
Martes, 10 Maio 2016 09:23

surf galicia campionato

Nova Data!! A FGS ven de convocar a 1ª Proba do Circuíto Galego Junior de Surf e Bodyboard en Patos os vindeiros días 22 e 23 de Maio na praia de Patos en Nigrán. Esta proba é clasificatoria para o campionato estatal e tamén haberá actividades como limpeza de praia e un simulacro de restade de arroaz varado. As  inscricións pechan o xoves día 12 ás 13:00 horas.

Ler máis...
 
Publicada a crónica e resultados oficiais do Campionato de Malpica - FGS
Mércores, 23 Decembro 2015 09:15

Xa está publicada a crónica oficial e resultados da 2ª proba Open de Surf, Longboard e Paddle Surf na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños na web da Federación Galega de Surf.

Ler máis...
 
Convocada a 2ª Proba Open de Surf, Longboard e SUP do Circuíto Galego na Praia de Malpica de Bergantiños
Martes, 15 Decembro 2015 09:56

Convocada a 2ª proba Open do Circuito Galego de Surf, Longboard e paddle surf na praia de Areamaior en Malpica de Bergantiños esta vindeira fin de semana. En evento organizado pola FGS en colaboración co Concello de Malpica

Ler máis...
 
Convocada a 2ª Proba do Circuito Galego Open de Surf en Barreiros
Luns, 07 Decembro 2015 16:14

 A FGS abriu a convocatoria para esta fin de semana da 2º proba Open Surf, Longboard e SUP do Circuíto Galego na praia de Fontela Balea, no Concello de Barreiros. As inscripcións pechan o xoves. Organizado pola FGS e North Shore Surf Clube.

Ler máis...
 
Crónica e resultados do Campionato de Razo FGS
Martes, 10 Novembro 2015 10:12


Xa podedes ler a crónica do Campionato Infantil e Junior celebrado a pasada fin de semana na praia de Razo na web da FGS con todos os resultados completos da competición. Foto superior podio surf sub-18 con Alvaro Frojan 1º, Leo Zambrano 2º, Juan Fernández 3º e Pedro Manso 4º.

Ler máis...
 
Convocada a 4ª Proba Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard en Razo
Martes, 03 Novembro 2015 17:09


Xa está convocada para esta fin de semana a 4º Proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard do Circuíto Galego na Praia de Razo en Carballo. Todavia estamos pendentes das ondas e das previsións pra confirmar o evento pero xa vos podedes ir inscribindo na web da FGS coma sempre.

Ler máis...
 
Novo vídeo do Campionato de Patos - Foam TV [VIDEO]
Venres, 16 Outubro 2015 08:51

Novo vídeo do Campionato de Patos da fin de semana pasada desta vez gravado e editado por Foam TV. Unha pasada poder contar con tanto material de fotos e vídeos dunha proba do Circuíto Galego de Surf. Esperamos que vos guste!

Ler máis...
 
Vídeo do Campionato de Patos - FGS [VIDEO]
Xoves, 15 Outubro 2015 13:53

Xa tedes online o novo vídeo oficial da FGS co resumo do acontecido a pasada fin de semana no pico de Patos durante a celebración da proba do Circuíto Galego 2015 de surf. Moitos tubos e ondas perfectas que fixeron posible moi boas puntuacións como o 10 de Milo Castelo por un tubazo. Vídeo realizado por Nando Bares.

Ler máis...
 
Nova Galería de fotos do Campionato - Jorge Touriño
Martes, 13 Outubro 2015 09:43


Jorge Touriño ven de publicar no seu Facebook unha galería con máis de 500 fotos do pasado Campionato no Pico de Patos, proba pertencente ao Circuíto Galego 2015. Se participaches de seguro que podes atopar algunha foto túa na auga. Moito espectaculo e fermosas fotos de Jorge. Foto superior: Diego Álvarez. Foto inferior: Nico.

Ler máis...
 
Galería de Fotos do Campionato de Patos
Domingo, 11 Outubro 2015 18:15


Onte foi un gran día de competición de surf no pico da praia de Patos grazas ás boas ondas que tivemos todo o día e un gran nivel dos participantes que ofreceron un bo espectáculo na auga.


Isa Gundín en rapazas, Milo Castelo en Open e Oscar Prieto en Masters foron os vencedores do evento no que se fixeron moitos tubos. Excelente traballo da organización de Patos Surf, Novalbos e FGS. Grazas tamén a Camaramar pola retransmisión online do evento.


Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 19

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: