Luns, 12 Maio 2014 00:00 |
Xa está aberto o prazo de inscripción da segunda proba do Circuíto Galego 2014 de surf e bodyboard na praia de Río Sieira que vai ter lugar os días 17 e 18 de Maio no Concello do Porto do Son. Haberá premios en metálico e tamén material para os finalistas. Organiza: FGS e Arealonga surf Clube.

|
Ler máis...
|
Venres, 02 Maio 2014 15:31 |
Vídeo oficial da FGS da segunda proba infantil e xuvenil de surf e bodyboard que tivo lugar na praia de Patos a pasada fin de semana. Éxito de participación e moito nivel na auga. |
Ler máis...
|
Martes, 29 Abril 2014 22:50 |
Comunicamos que o Campionato de Balieiros finalmente non se vai poder celebrar esta fin de semana e queda pendente dunha nova data, probablemente en Agosto, dependendo das condicións do mar. A causa da paralización é un novo Decreto que afecta a varios arenais galegos e que non permite eventos esta época do ano por mor da reproducción da Pillara das Dunas, unha ave protexida. Podedes ler o comunicado oficial na web da FGS.

|
Ler máis...
|
Domingo, 27 Abril 2014 23:04 |
Velaquí tedes algunha das mellores fotos que fixemos este sábado na praia de Patos na 2ª proba do Circuíto Galego Xuvenil 2014 e que rematou coa victoria da local Cris Iglesias e o rider coruñes Juan Fernández na categoría sub-18. Un cento de riders loitaron pola victoria nun día de condicións cambiantes pero swell constante con ondas dun metro que daban ondas boas surfeables no medio da praia de Patos. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 23 Abril 2014 18:48 |

Xa está todo preparado para a segunda proba de surf e bodyboard do Circuito Galego Xuvenil que vai ter lugar os días 26 e 27 de Abril na praia de Patos. Este evento vai contar con boas ondas tal e como podedes ver nas previsións do Windguru de Patos e está organizado por Zorlak Surfboards, Prado Surf Escola, Federación Galega de Surf e Concello de Nigrán. |
Ler máis...
|
|
Domingo, 30 Marzo 2014 19:35 |

Xa está todo preparado pra que comece o Circuíto Galego Infantil e Junior 2014 na praia da Lanzada coa súa primeira proba e tamén puntuable para o Campionato Estatal de Promesas. A proba terá lugar os días 5 e 6 de Abril e esperamos a confirmación por parte da FGS xa que as condicións de momento son de mar e vento do sur. Seguiremos informando.
|
Ler máis...
|
Domingo, 26 Xaneiro 2014 22:33 |
Xa temos o Calendario Provisional FGS 2014 pendente da súa aprobación pola na 1ª Asamblea Xeral do ano 2014 onde se aprobará o calendario definitivo entre outros aspectos. Este calendario está composto polas seguintes actividades: probas do Circuíto Galego, Campionatos Galegos, eventos da Selección Galega de Surf, outros campionatos importantes e cursos de Formación
|
Ler máis...
|
Xoves, 23 Xaneiro 2014 11:54 |
Velaquí tedes o primeiro vídeo publicado coas imaxes do Mellor dos Mellores 2013 celebrado o pasado 18 de Xaneiro na praia do Orzán e que finalizaou coa victoria do rider local Pablo Montero na categoría de surf. Seguiremos informando...
|
Ler máis...
|
Domingo, 29 Decembro 2013 11:42 |
A FGS xa ten aberto o prazo de entrega de solicitudes de probas pra organizar as diferentes probas do Circuíto Galego de Surf, Longboard, Paddle e Bodyboard. Este ano a principal novidade é que se decidirán os organizadores segundo as propostas recibidas en caso de existir varios solicitantes para a mesma proba, ate o ano pasado era por orde de recepción. O calendario de probas está por decidir máis a convocatoría realízase para os seguintes eventos:
Circuito Galego open de surf
- 1ª proba open de surf – Patos (Nigrán)
- 2ª proba open de surf – Pantín (Valdoviño)
- 3ª proba open de surf – Razo (Carballo)
- 4ª Proba open de surf – Balieiros (Ribeira)
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 19 |