Domingo, 27 Abril 2014 23:04 |
Velaquí tedes algunha das mellores fotos que fixemos este sábado na praia de Patos na 2ª proba do Circuíto Galego Xuvenil 2014 e que rematou coa victoria da local Cris Iglesias e o rider coruñes Juan Fernández na categoría sub-18. Un cento de riders loitaron pola victoria nun día de condicións cambiantes pero swell constante con ondas dun metro que daban ondas boas surfeables no medio da praia de Patos. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 23 Abril 2014 18:48 |

Xa está todo preparado para a segunda proba de surf e bodyboard do Circuito Galego Xuvenil que vai ter lugar os días 26 e 27 de Abril na praia de Patos. Este evento vai contar con boas ondas tal e como podedes ver nas previsións do Windguru de Patos e está organizado por Zorlak Surfboards, Prado Surf Escola, Federación Galega de Surf e Concello de Nigrán. |
Ler máis...
|
Domingo, 30 Marzo 2014 19:35 |

Xa está todo preparado pra que comece o Circuíto Galego Infantil e Junior 2014 na praia da Lanzada coa súa primeira proba e tamén puntuable para o Campionato Estatal de Promesas. A proba terá lugar os días 5 e 6 de Abril e esperamos a confirmación por parte da FGS xa que as condicións de momento son de mar e vento do sur. Seguiremos informando.
|
Ler máis...
|
Domingo, 26 Xaneiro 2014 22:33 |
Xa temos o Calendario Provisional FGS 2014 pendente da súa aprobación pola na 1ª Asamblea Xeral do ano 2014 onde se aprobará o calendario definitivo entre outros aspectos. Este calendario está composto polas seguintes actividades: probas do Circuíto Galego, Campionatos Galegos, eventos da Selección Galega de Surf, outros campionatos importantes e cursos de Formación
|
Ler máis...
|
Xoves, 23 Xaneiro 2014 11:54 |
Velaquí tedes o primeiro vídeo publicado coas imaxes do Mellor dos Mellores 2013 celebrado o pasado 18 de Xaneiro na praia do Orzán e que finalizaou coa victoria do rider local Pablo Montero na categoría de surf. Seguiremos informando...
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 29 Decembro 2013 11:42 |
A FGS xa ten aberto o prazo de entrega de solicitudes de probas pra organizar as diferentes probas do Circuíto Galego de Surf, Longboard, Paddle e Bodyboard. Este ano a principal novidade é que se decidirán os organizadores segundo as propostas recibidas en caso de existir varios solicitantes para a mesma proba, ate o ano pasado era por orde de recepción. O calendario de probas está por decidir máis a convocatoría realízase para os seguintes eventos:
Circuito Galego open de surf
- 1ª proba open de surf – Patos (Nigrán)
- 2ª proba open de surf – Pantín (Valdoviño)
- 3ª proba open de surf – Razo (Carballo)
- 4ª Proba open de surf – Balieiros (Ribeira)
|
Ler máis...
|
Mércores, 18 Decembro 2013 20:23 |
Xa podedes ver na web da FGS a crónica e resultados da proba disputada en Razo a pasada fin de semana e que rematou coa victoria de Miguel Pérez e Isa Gundin en Surf Open, Samuel Martínez en Bodyboard, Iago Baz en Longueirón e Alberto Santamaria en paddle surf. |
Ler máis...
|
Luns, 09 Decembro 2013 00:38 |
O rider coruñes Diego Alvarez ven de se convetir no novo campión do Circuíto Galego de Surf 2013 nas categorías Open e Junior.
Diego é un surfeiro moi completo con potencia e rapidez nos xiros que tamén controla os aéreos o que lle fixo valedor da victoria do Circuito Galego. Noraboa Diego!
|
Mércores, 20 Novembro 2013 10:46 |
Velaquí tedes o novo vídeo oficial FGS coas imaxes do evento en memoria a Aleixo e 4ª proba Open de surf do Circuíto Galego 2013 celebrado na praia da Marosa en Burela e que rematou coa victoria de Alberto Reimunde en Masters e Diego Álvarez en Surf Open e Erika Franco en chicas onde temos que destacar a terceira posición da surfeira local María Platero que fai un surf moi bo pero non participa con regularidade neste circuíto.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 20 |