Surf Circuito Galego (APRAZADA) 3ª Proba do Circuito Galego Open de surf e longboard, Os Castros
(APRAZADA) 3ª Proba do Circuito Galego Open de surf e longboard, Os Castros
Venres, 12 Setembro 2008 10:03

O fin de semán do 20 e 21 de Setembro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Open Surf e Longboard. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 18 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: 3ª Proba Circuito Galego Caixa Galicia Open de Surf e Longboard
ORGANIZA: Hola Ola Surf Clube, Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Ribadeo.
DATA: 20 e 21 de Setembro.
LUGAR: Praia de Os Castros,( Ribadeo).
CATEGORÍAS: Open surf (masculino e feminino) e Open Longboard  
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 9:30 a 10:00 horas na praia. E ás 10:30 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Open Surf e Open Longboard
PREMIOS: Trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría, material para os tres primeiros clasificados: táboas de surf, neoprenos, packs deagasallos reef, packs de agasallos globe, packs de agasallos slash…. Sorteo de material deportivo entre os participantes.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 18 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 18 de Setembro 13:00 horas.

Fonte orixinal: Federación Galega de Surf

Tedes máis info na web da xente dos Castros http://www.holaola.com

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: