Surf Circuito Galego 3ª Proba do Circuito Galego Xuvenil - A Lanzada (O Grove)
3ª Proba do Circuito Galego Xuvenil - A Lanzada (O Grove)
Martes, 30 Setembro 2008 13:25

O fin de semán do 4 e 5 de Outubro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 2 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: 3ª Proba Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Sanxenxo.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Sanxenxo.
DATA: 4 e 5 de Outubro.
LUGAR: Praia de A Lanzada (Sanxenxo-O Grove).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.  
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil.    MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros e material.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 2 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:


Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) ou un  fax ( 986 29 93 78 )  á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 2 de Outubro 13:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.
 
1 Vote
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: