Surf Circuito Galego Aberto o prazo para a solicitude de probas do Circuíto Galego 2014
Aberto o prazo para a solicitude de probas do Circuíto Galego 2014
Domingo, 29 Decembro 2013 11:42

A FGS xa ten aberto o prazo de entrega de solicitudes de probas pra organizar as diferentes probas do Circuíto Galego de Surf, Longboard, Paddle e Bodyboard. Este ano a principal novidade é que se decidirán os organizadores segundo as propostas recibidas en caso de existir varios solicitantes para a mesma proba, ate o ano pasado era por orde de recepción. O calendario de probas está por decidir máis a convocatoría realízase para os seguintes eventos:

Circuito Galego open de surf

  • 1ª proba open de surf – Patos (Nigrán)
  • 2ª proba open de surf – Pantín (Valdoviño)
  • 3ª proba open de surf – Razo (Carballo)
  • 4ª Proba open de surf – Balieiros (Ribeira)

Circuito Galego open/xuvenil de Bodyboard

  • 1ª proba open de surf – A Frouxeira (Valdoviño)
  • 2ª proba open de body – Valcobo (Arteixo)
  • 3ª proba open de body – Faro (Carnota)

Circuito Galego open de Longboard-Paddleboard

  • 1ª proba open de Long-Paddle – Nemiña (Muxía)
  • 2ª proba open de Long-Paddle – Pantín (Valdoviño)
  • 3ª proba open de Long-Paddle – Bastiagueiro (Oleiros)

Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf

  • 1ª proba Infantil/xuvenil de surf – Patos (Nigrán)
  • 2ª proba Infantil/xuvenil de surf – Area Maior (Malpica)
  • 3ª proba Infantil/xuvenil de surf – Razo (Carballo)
  • 4ª proba Infantil/xuvenil de surf – Doniños (Ferrol)
  • 5ª proba Infantil/xuvenil de surf – Bastiagueiro (Oleiros)
  • 6ª proba Infantil/xuvenil de surf – Esteiro de Area (Viveiro)

Campeonatos Galegos

  • Campeoanto Galego individual e por equipos – Soesto (Laxe)
  • Campeonato O Mellor dos Mellores – Orzán (A Coruña)

Estas solicitudes de colaboración ou patrocinio deben ser enviados a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co modelo de solicitude de colaboración ou patrocinio cuberto completamente e con data límite o vindeiro xoves 15 de Xaneiro de 2014.

+ info en:

http://fgsurf.org/novas/comunicados/519-presentacion-de-solicitude-de-colaboracionpatrocinio-circuito-tempada-2014.html

 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: