Surf Circuito Galego Programa horario do Campionato de Balieiros - 10 de Agosto
Programa horario do Campionato de Balieiros - 10 de Agosto
Sábado, 09 Agosto 2014 12:01

O próximo domingo día 10 terá lugar a 1º proba open de surf do Circuito Galego 2014 de Surf na praia de Balieiros no Concello de Riveira. A continuación detallase a programación do evento:

Día 10 Domingo - CHECK IN: 8.30 horas

  • Inicio competición: 09.00 horas aproximadamente, en función das mareas.
  • Finalización competición: 15.00 horas aproximadamente
  • Entrega de premios: 16.00 horas aproximadamente

Oraganizadores: Federación Galega de Surf, Surf Club Barbanza, Camaramar e SurfGZ.com

COLABORA: Surfmarket.org, TSP (The Surfeiros Piratas), Coge3, Coca-cola, 3Sesenta, Pensión OS Roxos, Concello de Riveira, Xunta de Galicia, entre outros.

Durante a xornada realizaranse diferentes actividades para crear un ambiente festivaleiro.

En canto ao que se refire a premios, o Surf Club Barbanza aportará PREMIOS EN METALICO, a surf shop online Surfmarket.org aportará 600€ en premios en material de surf. TSP (The surfeiros piratas), aportará premios en material coma todos os anos. A pensión 'Os Roxos' aportará un fin de semana de aloxamento como parte do premio na categoría surf feminino; esté consistirá nun fin de semana para seis personas (duas noites).

Esperemos que escampe! E senon todos a auga igualmente!! BOAS ONDAS!!


 
3 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: