Crónica do 25º Trofeo Concello de Nigrán de Surf Open |
Martes, 13 Decembro 2016 11:51 | |||
Novalbos - Este sábado concluíu en augas de Patos, cos mellores 60 surfeiros vindos de toda Galicia, a última proba do circuíto Galego de surf 2016, que organizaba o Clube Patos, o Concello de Nigran e a Federación Galega de Surf. O de patos é o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro en organizar foi no ano 1990 e desde entón non paramos, chegando este ano á 25 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos unha cita obrigada do inverno nas Rías Baixas. Esta última proba do circuíto en Patos tivo lugar na xornada do sábado con moito publicou e bo tempo , aínda que as ondas, como sempre, foron as auténticas protagonistas neste campionato, ondas de excelente calidade e tamaño. De feito este campionato foi aprazado até en 3 ocasións para facer coincidir as condicións únicas de vento e forza do mar, para que funcione unha das mellores ondas da península, o Pico de Patos, debido sobre todo ao seu fondo de roca, rompe sempre no mesmo sitio e un surfeiro experimentado sácalle á onda o máximo de manobras, ademais de ser moi atractivo para a vista dos afeccionados que se acheguen a Patos. Un dos mellores días do ano que non quixeron desaproveitar os surfeiros locais que foron convidados pola organización para que a festa do surf galego fose total, e é que desde primeira hora da mañá o PICO de Patos bombeaba ondas de 1 metros con forza que iría perdendo ao longo do día pero que non desluciu o espectáculo e que souberon aproveitar os surfeiros que se desprazaron até o areal Nigranense, despois de moitas e moi duras mangas clasificatorias, na categoría feminina a surfeira local Cris Iglesias impúxose nunha axustadísima final á ferrolá e sempre favorita Isa Gundín que ao cabo foi a gañadora do Circuíto Galego 2016 Nas categorías masculinas de surf OPEN e MASTER por primeira vez neste campionato leva as dúas o surfeiro profesional ERIC REBIERE coñecido no mundo do surf por baixarse ondas xigantes, Eric Rebiere fixo un surf moi fluído, moi seguro, cosendo a onda a manobras e iso que Martín Cortijo non llo puxo nada fácil nunha final OPEN que non lla arrebatou por unha decimas e tamén en parte favorecido por que os máximos favoritos para darlle guerra nesta final open, os locais Milo Castelo e Jaji Iglesias se auto eliminaron cunha interferencia entre eles en semifinais. Xa na categoría Master aínda que Milo Castelo téntouno, Eric foi moi superior e proclamouse por primeira vez gañador da proba de Patos. Martin Cortijo quedou gañador do circuíto 2016 na categoría OPEN e Alberto Raimunde foi o gañador do circuíto 2016 na categoría MASTER Este ano ademais como novidade, púidose seguir por streaming en directo desde do sofá da túa casa e desde calquera parte do mundo, todo o campionato por internet a través da páxina da Federación Galega de Surf CLASIFICACION FINAL DA PROBA DE PATOS SURFMASTER 1º ERIC RIBEIRE SURFOPEN 1º ERIC RIBEIRE SURF FEMININO 1º CRISTINA IGLESIAS Gañador CIRCUÍTO galego 2016 categoria Open Martin Cortijo Gañador CIRCUÍTO galego 2016 categoria Master ALBERTO RAIMUNDE Gañador CIRCUÍTO galego 2016 categoria Feminina Open Isa Gundin RESUMEN
Crónica grazas a Novalbos Wave Company {fcomments}
|
Novidades:
- A beleza das Rías Altas
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado