Campionato Junior de Surf e Bodyboard na Lanzada |
Xoves, 30 Maio 2019 16:43 | |||
A fin de semana do 25 e 26 de maio tivemos ondas, sol e unha competición de alto nivel. A cita foi na praia da Lanzada e concentráronse competidores de toda España para disputar a 3º Proba do FESurfing Junior Series da Federación Española de Surfing. Ademais, celebrouse ao mesmo tempo a 3º proba do Circuito Galego Junior de Surf e Bodyboard da Federacion Galega de Surf. Esta proba foi organizada por Prado Surf Escola, a Federación Española de Surfing e a Federación Galega de Surf e Bodyboard. Grazas aos nosos colaboradores Mercedes-Benz Louzao, Só Imprenta, Hi Surf e Alumisel. Vídeo de Matías Rivas @ matiasbbk
|