Copa Galicia de Surf 2020 |
Xoves, 03 Decembro 2020 12:27 | |
Velaquí temos o resumo da Copa Galicia de Surf 2020 na que participaron os mellores surfeiros do circuíto galego nunha das ondas míticas de Galicia, o Pico de Patos, na praia d'A Abra, no Concello de Nigrán. Con boas condicións de ondas o sevillano Carlos Fernández e os locais Cristina Iglesias e Derick Rey foron os vencedores da proba nas súas categorías respectivas. A competición que cumpría 30 anos da súa primeira edición converteuse nunha homenaxe espontanea ao surfeiro coruñés Tito, lenda do surf galego e expraticipante do trofeo na súa segunda edición. Organizado polo Concello de Nigrán, a Federación Galega de Surf e o Patos Surf Club.
|