Surf Entrevistas
Entrevistas
Conversas con Abel Lago: un waterman galego
Luns, 25 Novembro 2013 00:00

Comezamos a semana cunha entrevista con Abel Lago, rider profesional de kitesurf e local da Coste da Morte, que domina tamén o windsurf, SUP e o surf. Abel Lago é un dos millores deportistas do noso país e por iso queremos aproveitar pra lle facer algunhas preguntas:

Cóntanos un pouco como foron os teus primeiros contacto co mar e cando?

Comecei como a maioría a facer bodyboard nas praias galegas. Son natural de Carnota pero crecín en Louro, dentro da Ría de Muros, así que tiven que buscar un deporte máis asequible pois non podía ir todos os días a coller tombos, e empecei a facer windsurf e cando podía facía surf en Area Maior e en Carnota.

Abel Lago campión de España 2012 en Famara, Lanzarote.

Ler máis...
 
Compartindo rompentes extremas - Bruno Novoa
Luns, 23 Xullo 2012 00:00

Velaquí tedes un post sobre a reportaxe que Bruno Novoa publicou o mes pasado na revista EspacioSub da Federación Galega de Actividades Submarinas onde explica o funcionamento das ondas xigantes na costa galega. Este gran profesional da fotografía e o submarinismo ve recoñecida de novo a súa laboura a prol do surf XXL en Galicia e na formación do equipo Jet Galicia pra dar a coñecer a nosa costa a nivel internacional.

Ler máis...
 
Entrevista con Miguel Pérez "Mike"
Luns, 18 Abril 2011 00:10

Comezamos esta semana cunha entrevista Miguel Pérez "Mike", unha das promesas do surf da comarca de Ferrolterra e que aos seus 16 anos surfea con moito estilo e potencia. O ano pasado foi o campión do circuito asturiano sub-16 e tamén fixo un esplendido resultado no 2009 levándose o subcampionato galego de surf. Este discípulo de Pablo Romero "Occy" vai dar moito que falar no mundo do surf galego e estatal.

Ler máis...
 
Unha entrevista un pouco persoal....
Martes, 22 Febreiro 2011 11:37

kiko campos A pasada semana a xente de Roto Surf Works publicou unha entrevista miña onde fago un pequeno repaso aos comezos de SurfGZ e a miña vida como surfeiro en Galiza e nas Canarias. Podedes ler esta entrevista na seguinte ligazón:

http://rotosurfworks.blogspot.com/2011/02/entrevista-surf-gz-kiko-campos.html

 
Conversa con Kike Aradas
Mércores, 23 Xuño 2010 00:05

KIKE ARADAS

Hoxe publicamos unha entrevista con Kike Aradas, surfeiro, viaxeiro e activo blogueiro que comparte videos e fotos connosco dende o 2008. Kike Aradas estivo en medio planeta e contounos algunhas das súas experiencias como viaxeiro nesta entrevista. Nesta foto tedes a Kike en Indo nunha boa esquerda.

Ler máis...
 
Entrevista a Jaji Iglesias
Sábado, 06 Marzo 2010 01:00

Esta finde publicamos unha entrevista a Jaji Iglesias, surfeiro local de Patos e coñecido en toda a nosa costa polo seu bo surf. Jaji leva toda a vida collendo ondas xa que empezou con 11 anos a surfar da man do seu irmán Nacho e bastante tempo competindo. Nesta entrevista podes ler as súas opinións sobre o surf libre e de competición.

Ler máis...
 
Galegos polo mundo: Rubén Millón
Venres, 12 Febreiro 2010 01:00


Hoxe presentamos unha entrevista cun surfeiro viaxeiro, habitual dos invernos en Lanzarote e coñecedor de medio planeta. Rubén Millón Pintos é de Pontevedra e leva surfando uns 17 anos polo que xa é un veterano da nosa costa.

Ler máis...
 
Entrevista con Dani Rodríguez "Fontenla"
Xoves, 24 Decembro 2009 01:00

Eiquí tedes a entrevista con Daniel Rodríguez, organizador do evento Desafío Fontenla. Este surfeiro pontevedrés que tamén anda no mar coa vela falanos sobre as súas inquietudes e os seus plans para organizar outro evento no ano 2010 na praia da Fontenla.

Ler máis...
 
Entrevista con Felipe Sar - Presidente d'Os Tombos da Costa da Morte
Luns, 10 Agosto 2009 09:52

Apresentámosvos unha interesante entrevista con Felipe Sar, presidente do clube máis activo da Costa da Morte, Os Tombos. Nesta entrevista Felipe fálanos sobre as orixes do clube, os proxectos futuros, as actividades que realizan e máis cousas sobre este colectivo tan importante. Na foto superior tedes a Felipe Sar encarando unha boa onda nalgún lugar afastado da nosa costa.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 4

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: