Surf Entrevistas Entrevista con Miguel Pérez "Mike"
Entrevista con Miguel Pérez "Mike"
Luns, 18 Abril 2011 00:10

Comezamos esta semana cunha entrevista Miguel Pérez "Mike", unha das promesas do surf da comarca de Ferrolterra e que aos seus 16 anos surfea con moito estilo e potencia. O ano pasado foi o campión do circuito asturiano sub-16 e tamén fixo un esplendido resultado no 2009 levándose o subcampionato galego de surf. Este discípulo de Pablo Romero "Occy" vai dar moito que falar no mundo do surf galego e estatal.

Esta á a súa ficha técnica:

  • Nome: Miguel Pérez-Moneo Santos
  • Idade: 16
  • Anos surfeando: 3
  • Spots que frecuentas: Doniños, Pantín...
  • Estudos: 1ºBachiller de Ciencias
  • Un hobby: xogar ao tenis
  • Unha viaxe: Maldivas
  • Un soño: viaxar por todo o mundo
  • Música preferida: tecno    
  • Sponsors: Rip Curl e Kirra tenda  do surf
  • Mellores Resultados: Campeón circuito asturiano sub-16 2010 e subcampión galego e do circuito galego 2009
  • Mellor Surfer Galego: Gony zubizarreta
  • Mellor Surfer Internacional: Dane Reynolds


E aquí tedes a entrevista:

Como e cando comenzaches no surfing??

Empecei a surfear ós 13 anos no verán do 2007 en setembro cando merquei a miña primeira tabla no Pantín Classic. No verán do ano seguinte entrei bastantes veces, pero facíao co corcho cando as ondas pasaban do metro. O corcho levábao practicando desde os 3 anos e no ano 2007 xa comecei  a surfear moitos días en verán e as fines de semana no inverno.

E a competir??

No 2008  nunha proba do circuito galego en Patos na que cheguei a semis.

Que che parece o nivel galego de surfing?

En Galicia é bastante bo, que non é tan alto como o que pode haber no País Basco pero que hai bos surfistas cada vez hai máis nenos que empezan a surfear e máis escolas.


O ano pasado tiveches un excelente resultado en Asturies. Como ves o nivel alí?

O nivel alí estaba ben en sub-18 pero penso que non tal alto como o que hai en Galicia, e en categoría Open había nivelazo.


Cal é a túa onda preferida?

A miña onda preferida é calquera onda que se poda formar en Doniños xa que se o fondo se coloca ben poden saír ondas increíbles.


É dificil conseguir sponsor facendo surf?

A verdade é que se eres bo, te moves en competicións e consegues bos resultados os sponsors te veñen sós aínda que un bo sponsor si que é difícil.




Que obxetivos tes para este ano? Vas asistir a moitos eventos?

Intentar quedar ben no circuitos galego e asturiano, no Rip Curl Groms Search, nos Campionatos Volcom Duckfish e Torofish e algún outro máis e alguna proba do nacional. Tamén facer algunha viaxe.

Que lle dirias a un rapaz da túa idade que estea aprendendo a surfear para mellorar?

Que, se quere mellorar, hai que ser constante e entrar moi motivado á auga, que se fixe nas persoas que surfean ben da súa praia e que miren as previsións.

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista. Agora se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Que disfruten das praias e ondas galegas.

Todas as fotos son de:

http://elblogdeoccy.blogspot.com/

{fcomments}

 
9 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: