Surf Entrevistas Entrevista con Felipe Sar - Presidente d'Os Tombos da Costa da Morte
Entrevista con Felipe Sar - Presidente d'Os Tombos da Costa da Morte
Luns, 10 Agosto 2009 09:52

Apresentámosvos unha interesante entrevista con Felipe Sar, presidente do clube máis activo da Costa da Morte, Os Tombos. Nesta entrevista Felipe fálanos sobre as orixes do clube, os proxectos futuros, as actividades que realizan e máis cousas sobre este colectivo tan importante. Na foto superior tedes a Felipe Sar encarando unha boa onda nalgún lugar afastado da nosa costa.

Esta é a ficha técnica de Felipe:

  • Nome: Felipe Sar Marcote
  • Idade: 32
  • Anos surfeando: 17
  • Ondas que frecuentas: Toda a costa da Morte
  • Traballo: Gardapesca
  • Un hobby: A parte do surf, a pesca deportiva e submarina
  • Unha viaxe: Percorrer toda Galicia con calma
  • Un soño: Utópico
  • Música preferida: House rock
  • Deixa unha mensaxe para os nosos lectores: Respecto e humildade

Felipe na I Limpeza da Praia de Nemiña

Como e cando foi a túa primeira experiencia surfeira?

No ano 1996, na praia de Nemiña, como non, cunha táboa de bodyboard que dobraba como un cartón, coa parte dun traxe de pesca submarina e unhas aletas que hai séculos que non se fabrican, nunca se me esquecerá, axúdame a saber de onde veño.

Podes explicar un pouco as orixes do clube de surf Os Tombos?


O clube de surf Os Tombos foi pensado como unha asociación na que xuntarnos todos os apaixonados  polo  surf da Costa da Morte. Suso, Bruno, Mario, Marcos, Uxio, Rueda, Trum, somos algúns dos socios e fundadores do clube, pensado para facerlles saber aos concellos da zona, que hai xente que practica este deporte polo seu litoral. Un dos motivos mais claros é promover este deporte na zona e a de colaborar na proteción e conservación desta costa tan salvaxe e fermosa na que temos a sorte de vivir.

Canta xente está asociada?

Nun principio eramos 50 socios, agora somos 50 amigos.

Que che parece o nivel de surf e bodyboard da Costa da Morte?

Moi alto nivel de bodyboard e longboard, destacando a boarders como Luis mas e Carlos de Camelle é longboarders como meu bó amigo Suso lema.

É dificil conseguir axudas dos Concellos e da Xunta?

Non sei, nós intentamos ser autónomos a nivel financeiro, pero si pedimos colaboración ás autoridades para desenvolver as nosas actividades. Un exemplo é a colaboración de protección civil e concello de Muxía, cando realizamos as limpezas donándonos guantes, bolsas e medios de transporte.

Como é a vosa colaboración coa Federación Galega de Surf?

Colaboramos coa federación cando veñen a realizar cursos de surf e bodyboard na zona  e teñen a nosa total disponibiladade.

Que planes tedes para o clube (organización de campionatos, limpezas, cursos, viaxes)??


Loitar pola conservación do litoral, cursos de de surf e bodyboard, campionatos locais e xuntanzas para comer e surfear xuntos.

Podes explicar para os surfeiros de cidade o significado de “tombos”?

Explicar a unha persoa de cidade o que significa tombos é doado, significa olas, ondas. O complicado é que entendan a forma que temos os do clube os tombos de entender e vivir o surf.

Tedes na Costa da Morte outras exprexións enxebres referentes ao surf e bodyboard?

A xuntarnos para comer e practicar surf chamámoslle "lupanda" e a miña forma de facer un a.r.s. bautizouna meu amigo bruno como pintxo carneiro, jajaja.

Nas praias das cidades galegas soamente se escoita falar castelán na auga pero na Costa da Morte é diferente, o galego ten moita forza, como ves o futuro da nosa lingua?

Case todos os socios do clube somos  galego falantes, calqueira que veña a Nemiña sabe quen somos só con escoitarnos. Na nosa zona, séguese falando galego coma sempre pero si notamos que cada vez hai menos xente que fala galego.

Tedes un blog na rede dende hai tempo, como é a túa experiencia como xestor do blog? Paga a pena o traballo?

Utilizamos o blog só para expoñer cousas que facemos co clube, cousa sencilla de momento, nunca como un informativo sobre as ondas da Costa da Morte, para que non sexa motivo de masificación da costa, xa que penso que a culpa da masificación das praias é debido a moitos blogs que dan moita información.


Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Felipe. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Moitas gracias a todos e boas ondas.

Blog do Clube de Surf e Bodyboard d'Os Tombos

{fcomments}

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: