Xoves, 12 Abril 2018 10:56 |
A Federación Galega de Surf ven de presentar o novo Seguro365 para todos aqueles que desexades practicar calquera modalidade de surfing e ter un seguro de accidentes de surf libre, adestramentos particulares, viaxes e desprazamentos.
Este novo seguro ten unha asistencia ilimitada en centros concertados e cobertura no estranxeiro ata 1.500€. |
Ler máis...
|
Xoves, 22 Febreiro 2018 11:26 |
Velaquí tedes o novo calendario oficial de competición e formación para este 2018 presentado pola Federación Galega de Surf coas datas e as praias dos eventos. Este ano o Campionato Galego de Surf vai ter lugar en Porto do Son e a Copa Galicia presenta dúas localizacións diferentes, pra surf o Pico de Patos, e pra bodyboard na praia de Doniños. Cabe destacar unha tentativa de facer o Pro Junior en Espiñeirido, no Porto do Son.


|
Ler máis...
|
Mércores, 31 Xaneiro 2018 16:23 |
O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regrada no BOE, que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de surf.
Esta titulación está composta por:
- Proba de acceso. - Bloque específico. - Bloque común. - Período de prácticas (150 horas).
A proba realizarase o sábado 24 de febreiro na praia de Pantín segundo condicións mobilidade ás praias de Esmelle e Ponzos, na comarca de Ferrolterra. O importe é de 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso, devolverase todo o importe pago excepto estes 50 euros da proba de acceso.
|
Ler máis...
|
Mércores, 24 Xaneiro 2018 13:25 |
Bos días a tod@s,
A Federación Galega de Surf informa que esta entidade, é unha entidade meramente deportiva. Temos coñecemento do proxecto Galicia Surfing, pero non temos unha participación activa, co cal, rogamos que para calquera dúbida ou cuestión sobre iso diríxanse a Turismo de Galicia. Devandito isto, queremos dicir que apoiamos calquera iniciativa de promoción turística sustentable da nosa terra, e se esta xira en torno ao surfing mostramos o noso ofrecemento a colaborar ou asesorar no que podamos.
Todo isto, así como a recomendación de cambios en certos aspectos xa se fixo chegar á axencia .
Grazas a todos.
Un saúdo
|
Xoves, 07 Decembro 2017 11:39 |

Primeira edición deste curso no que un dos adestradores máis importantes a nivel nacional exporá o seu coñecemento en estratexia e adestramento de competición. Kako García impartirá formación sobre o adestramento para a competición, que demostrou e mellorou na súa traxectoria como adestrador en surfing. Este curso de formación desenvolverase en 2 xornadas, o venres 15 de decembro de 16.00h - 20.00h e sábado 16 de decembro de 10.00h - 14.00h + 16.00h - 20.00h. Un total de 12 horas.
|
Ler máis...
|
Xoves, 30 Novembro 2017 19:10 |
A Federación Galega de Surf convoca unha reunión coas escolas de Surfing co propósito de realizar un balance de situación do ámbito formativo do Surfing de Galicia durante o 2017, e así expor un modelo de xestión das Escolas de Surf Oficiais para o 2018.
A actividade docente en Surfing é considerada pola FGS como un dos servizos de maior potencial e importancia nas praias de toda Galicia. Esta actividade, ademais de ser produto turístico importante e dinamizador económico, supón o alicerce básico na educación de persoas sobre os comportamentos adecuados nun espazo natural, cambiante, perigoso, de dominio público e alta intensidade de uso como o son o mar e as praias. Consciente deste valor, a FGS mediante consenso e colaboración coas escolas, procura promover e mellorar unha docencia en todas as súas escolas oficiais que ensine aos alumnos condutas apropiadas para a sustentabilidade social e ambiental destes espazos.
|
Ler máis...
|
|
Luns, 28 Agosto 2017 20:41 |
O adestrador nacional en surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva regulada no BOE que forma ás persoas para ser adestradores deportivos de Surf. Esta titulación está composta por unha proba de acceso. Esta proba realizarase o sábado 16 de setembro na praia de Pantín segundo condicións mobilidade a Orzán ou Bastiagueiro (praias da costa de Arteixo). 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso devolverase o importe pago restando o prezo da proba de acceso.
Aqueles que superen a proba de acceso, terán que realizar o BLOQUE COMÚN, BLOQUE ESPECÍFICO e prácticas.
|
Ler máis...
|
Venres, 28 Xullo 2017 08:34 |
Pola presente convócase á Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Surf, que terá lugar o día 3 de Agosto do 2017, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda, na Casa do Deporte de Vigo, Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 na Aula B.
Tes a posibilidade de asistencia online, avisando previamente por email a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
antes do mércores 2 de Agosto ás 12.00h.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Maio 2017 08:23 |
Resumo da Gala do Surf 2016 coa entrega de premios e trofeos aos mellores competidores en todas as categorías do Circuíto Galego. |
Ler máis...
|
Martes, 09 Maio 2017 09:02 |
Mediante a presente publicación informamos o cesamento do noso director técnico Jesús María Guerra Naverán do seu cargo, así como de responsable dos diferentes departamentos federativos.
Desde a súa entrada na anterior xunta directiva como seleccionador cunha nova proposta no programa, así como logo dirixindo e coordinando os diferentes matices dos departamentos federativos deu lugar ao que definen o actual proxecto federativo nas formacións, circuítos, selección e outras propostas, proxectos, algúns que chegaron á Asemblea sen poder levar a cabo. Así como a súa achega burocrática e administrativa en canto a relacións coas diferentes administracións e regulacións nos últimos 3 anos. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 13 |