Martes, 18 Outubro 2011 00:00 |
A Federación Galega de Surf acaba de publicar na súa web as datas dos vindeiros campionatos do Circuito Galego que están pendentes de celebrarse este ano. O calendario provisional para estas probas queda do seguinte xeito:
1ª Proba Open de Bodyboard – 29/30 de outubro – organiza: Sandspit Surf Clube e FGS.
3ª Proba Open de Surf – 5/6 de novembro – organiza: Clube Gallego e FGS.
2ª Proba Open de Bodyboard – 12/13 de novembro – organiza: Silfo Surf Clube, Teirón Surf Clube e FGS.
A FGS tamén informa do aprazamento do Campionato Galaico-Luso que se ten que celebrar este ano e estaba previsto para a próxima fin de semana. |
Ler máis...
|
Luns, 10 Outubro 2011 00:01 |
A semana pasada a Federación Galega de Surf publicou na súa web unha Carta Aberta dirixida aos seus federados e amantes do surf e bodyboard galegos onde fai un resumo das activadades e evetos realizados no que vai de ano pola nova directiva. Temos que destacar que estes nove meses a Federación Galega de Surf fixo un traballo enorme de comunicación e colaborou sempre coa nosa web pra chegar a máis riders e espallar as súas novidades.
|
Ler máis...
|
Luns, 25 Xullo 2011 00:00 |
A vindeira fin de semana vai ter lugar a Iª Proba Open de Bodyboard do Circuito Galego 2011. Estamos pendentes de recibir a confirmación da FGS pero en principio a proba está convocada para os días 30 e 31 de Xullo na praia de Barrañán no Concello de Arteixo.
A seguinte finde celebrarase a 2º Proba Open de Longueirón do Circuito Galego 2011. A praia de Nemiña acollerá esta proba os días 6 e 7 de Agosto no Concello de Muxía. |
Ler máis...
|
Venres, 08 Xullo 2011 09:36 |
A Federación Galega de Surf acaba de publicar un comunicado sobre a realización da primeira proba do Circuito Galego Open de Bodyboard na praia de Barrañán no Concello de Arteixo. Aínda non teñen unha data fixada para este evento xa que queren ter unhas boas condicións pra celebrar a proba organizada conxuntamente con Clube Sandspit Surf.
Este circuito vai contar con dúas probas este ano pero queren amplialo o ano que ven e celebrar máis probas. |
Ler máis...
|
Domingo, 19 Xuño 2011 00:00 |

A Federación Galega de Surf ten aberta unha bolsa de traballo para monitores de Surf, Bodyboard ou Longboard. Se estás interesado en traballar e estás en posesión da titulación de Técnico Nivel I, podes contactar coa Federación e apuntarte na súa bolsa de traballo. |
Ler máis...
|
Martes, 31 Maio 2011 11:30 |
Este xoves remata o prazo de inscrición no curso de "Adestrador de Surf Nivel I: Bloque Específico" da Federación Galega. Se estades interesados en formarvos como técnicos titulados e traballar no mundo do surf como adestradores tedes que contactar coa Federación Galega e apuntarvos o antes posible.
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 26 Maio 2011 00:00 |
A Federación Galega de Surf publicou esta semana un novo comunicado pra explicar os resultados acadados na súa reunión coa Secretaría Xeral para o Deporte, xa que moitos dos alumnos que están a formarse para Técnicos en Surf , Bodyboard e Longueirón de Nivel I, atópanse co problema de que ata Outubro non se vai a impartir o Bloque Común.
Grazas a xestión da FGS parece que atoparon unha solución pra poder dar este ano o título e convalidar as horas de prácticas.
|
Ler máis...
|
Luns, 23 Maio 2011 00:00 |
A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico". O curso impartirase desde o 3 de Xuño ao 13 de Xuño de luns a domingo. Lugar: Santiago de Compostela (Estadio de Multiusos de San Lázaro, porta nº4, Salón de Actos) e Aula en Santiago de Compostela (Pendente de confirmar dirección). O número de alumnos para a realización deste curso é preciso que haxa un mínimo de 15 alumnos e o número máximo de alumnos será de 140.
Triptico especifico (382.38 kB)
Horarios (206.24 kB)
Triptico especifico Xuices (235.78 kB)
|
Ler máis...
|
Xoves, 19 Maio 2011 17:00 |
A Federación Galega de Surf e a empresa The Surfeiros Piratas de A Coruña chegaron a un acordo de colaboración para este ano 2011. A firma coruñesa vestirá aos xuíces dos distintos campionatos e obsequiará cunha camiseta a cada un dos catro finalistas de cada categoría nos circuítos galegos de surf, bodyboard e longboard masculino e feminino, así como, no circuíto infantil e xuvenil de surf e bodyboard. 
|
Ler máis...
|
Martes, 26 Abril 2011 11:34 |
A nosa Federación acaba de publicar o Calendario Oficial de Competición 2011. Este ano o circuito galego vai comezar coas probas de infantil e xuvenil nas praias de Patos e Barrañan con dúas probas no mes de Maio. En Xuño haberá catro probas e tres en agosto, destacando o Campionato Galego na praia de Soesto a derradeira fin de semana. Debaixo tedes o calendario completo. Descargar o Calendario Oficial FGS 2011
Data |
Maio |
Praia |
Organiza: |
7-8 |
1º Proba Circuito Galego Infantil/ Xuvenil de Surf e Bodyboard |
Patos-Nigrán |
Prado Surf Club |
14-15 |
2ª Circuito Galego Infantil e Xuvenil de Surf e Bodyboard |
Barrañán-Arteixo |
Sandspit Surf Club |
Data |
Xuño |
Praia |
Organiza: |
4-5 |
1º Proba Circuito Open de Bodyboard |
Barrañan |
|
18 |
1º Proba Open de Surf Pantín Surf Camp 2011 |
Pantín-Valdoviño |
Pantín Surf Camp |
19 |
1º Proba Open de Longboard Pantín Surf Camp 2011 |
Pantín-Valdoviño |
Pantín Surf Camp |
25 ó 26 |
2ª Proba Circuito Galego Open de Longboard |
Nemiña-Muxía |
G.A.L |
Data |
Agosto |
Praia |
Organiza: |
13-14 |
2º proba circuito bodyboard open |
Razo-Baldaio |
|
20-21 |
2º Proba Circuito Galego OPEN SURF |
Esmelle-Ponzos |
ABST Covas |
27-28 |
Camp. Galego Surf, Body e Longboard (Individual e Clubs) |
Soesto-Laxe |
FGS |
Data |
Setembro |
Praia |
Organiza: |
3 ó 4 |
3ª Proba Circuito Galego Infantl/Xunior Surf e Bodyboard |
Area Maior-Malpica |
SILFO |
10 ó 11 |
3ª Proba Circuito Galego Open de Longboard |
Patos-Nigrán |
G.A.L |
13 ó 18 |
Pantín Classic 2011 |
Pantín (Valdoviño) |
PANTIN CLASSIC |
Data |
Outubro |
Praia |
Organiza: |
7-8 |
3ª Proba Circuito Galego Open de Surf |
Patos-Nigrán |
Club Gallego de Surf |
22-23 |
Campionato Galaico-Luso Surf, Body & Longboard |
Patos-Nigrán |
Prado Surf Club |
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>
|
Páxina 11 de 13 |