Surf FGS
A Nosa Federación estrea nova Web!!
Martes, 01 Marzo 2011 20:46

A Federación Galega de Surf ven de activar a súa nova web oficial con moitas novidades pero aínda están cousas pendentes por rematar e novos contidos que subir. Este mes de marzo esperan ter a web finalizada pero xa podedes entrar a visitala. Esta web ten novo sistema de noticias máis dinámico, unha galería de fotos, calendario de eventos, varios formularios de contacto e unha zona de descargas.

FGSURF

Esta é a nova imaxe da Federación Galega

Ler máis...
 
Unete ao Facebook da Federación Galega
Luns, 21 Febreiro 2011 00:00

Xa podedes estar en conectados en Facebook coa Federación Galega de Surf grazas a súa nova web oficial nesta rede social. Este é un dos primeiros pasos  da nosa Federación pra chegar aos seus federados e amizades.

Proximamente vai ser presentada a nova web da FGS con novas seccións e funcionalidades como unha zona de descarga de documentos, galería de fotos, acceso para federados e outras novas cousas.

Ler máis...
 
Aberto o prazo do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico".
Mércores, 16 Febreiro 2011 12:39

Xa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico". O prezo do curso son 350 € e vai ter lugar en Vigo do día 4 ao 27 de Marzo de venres a domingo.

Para a realización deste curso é preciso que haxa un mínimo de 15 alumnos e o número máximo de alumnos será de 45.

Ler máis...
 
Vantaxes do Curso de Adestrador Nivel 2 da FGS
Mércores, 02 Febreiro 2011 00:00

Recentemente a FGS anunciou que fará durante o mes de Febreiro o Curso do Bloque Específico de Adestrador de Surf de Nivel II e desde entón recibimos diariamente correos consultándonos a quen lle interesa realizar este curso e que vantaxes ten sobre o Nivel I.

En primeiro lugar debemos resaltar que a Federación Galega de Surf leva uns anos nun proceso de transición durante o que tentamos regular e adaptar a actividade de técnicos e escolas ao Real Decreto 1363/2007, do 24 de Outubro, polo que establécese a ordenación xeral dos ensinos deportivos de réxime especial.

Ler máis...
 
Xa tes podes federar na FGS!
Xoves, 27 Xaneiro 2011 12:32

Coa Licenza de Federado 2011, apoiarás ó surf e bodyboard de Galicia, a súa promoción mediante cursos gratuitas "A Túa primeira onda", apoio ás escolas e clubes nas súas actividades e á organización de campionatos. Federándote poderás participar en todas as actividades da Federación Galega de Surf: Cursos de Iniciación e perfeccionamento, Cursos de Técnicos e Xuíces, Campionatos, viaxes e camps, etc.. así como beneficiarte dos convenios para mercar material deportivo.

A Licenza de Federado inclúe un Seguro de Accidentes.


Ler máis...
 
Listaxe Definitivo de compoñentes da Asamblea Xeral da Federación Galega de Surf
Xoves, 23 Decembro 2010 22:07

Reunida a Xunta Electoral, seguindo as directivas da carta recibida desde a Presidencia da Secretaría Xeral para o Deporte, a Xunta Electoral procede á modificación dos compoñentes da Asemblea Xeral, polo que a continuación publicamos a composición definitiva da Asemblea Xeral da Federación Galega de Surf:

Estamento de Clubes:

- ABST COBAS (BRANDAN ARAUJO SOLOU)
- CLUBE DE SURF GROSSO DE DONIÑOS (CARLOS FERNANDEZ RODRIGUEZ)
- CLUBE GALEGO DE SURF (VERONICA COMESAÑA IGLESIAS)
- EL MURO SURFING CLUB (ROBERTO ALVAREZ ALVAREZ)
- PATOS SURF CLUBE (PEDRO NOVALBOS ALONSO)
- PRADO SURF CLUBE (JOSE MANUEL DIEGUEZ CERDEIRA)
-SILFO (JUAN JOSE RODRIGUEZ HIERRO)


Ler máis...
 
Resultado das Eleccións á Asemblea da Federación Galega de Surf
Venres, 10 Decembro 2010 00:46

Según os resultados obtidos, os compoñentes da Asamblea da Federación Galega de Surf elexidos durante a votación de hoxe 9 de Decembro de 2010 son os seguintes:

Estamento de Deportistas:

DIEZ GONZALEZ, ROMAN
PEREZ ALONSO, NICOLAS ANDRE
VILA DIOS, EVA

Estamento de Técnicos:

SEOANE-PAMPIN IPPEL, ADRIAN

Estamento de Xuíces:

ARAUJO AVENDAÑO, JORGE A.
FRANCO CORBACHO, PABLO
HERVADA APARICIO, JOAQUIN

Ler máis...
 
Lista de Candidatos á Federación Galega de Surf
Luns, 29 Novembro 2010 00:00

Xa tedes na web da Federación Galega de Surf a lista oficial dos candidatos pra ser os vindeiros dirixentes da nosa Federación. Tamén podedes consultar a lista de persoas que poden execer o seu direito ao voto por correo.

Ler máis...
 
Convocatoria de eleccións da Federación Galega de Surf
Domingo, 07 Novembro 2010 21:45

Comunicado da FGS: En base ás competencias emanadas dos Estatutos da Federación Galega de Surf e da Orde Orde do 8 de Setembro de 2010, publicada no DOG número 174 do xoves, 9 de setembro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, polo que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e realización dos procesos electorais nas Federacións Deportivas Galegas.

Ler máis...
 
A Federación Galega de Surf convoca o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico"
Venres, 05 Febreiro 2010 01:00

logo FEDERACION GALEGA SURFXa está aberto o prazo para a convocatoria do "Curso de Adestrador de Surf de Nivel I: Bloque Específico". O curso desenvolveráse nos meses de Febreiro e Marzo de 2010 o lugar de realización será no Edificio Carballo Calero, Praza do Inferniño en Ferrol.

O prazo para inscribirse no bloque específico e ata o día 17 de Febreiro, para o envío das inscripcións pódense cubrir os datos que se piden na ficha de inscripción, nun e-mail e envialo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , tamén se pode tramitar enviando un fax coa ficha de inscripción ao número 986 299378.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 13


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: