Luns, 17 Outubro 2016 09:26 |

Esta proba realizarase o venres 12 de novembro na praia de Razo horario segundo condicións e pode modificarse a localización á praia do Orzán ou Bastiagueiro. O custe da proba é de 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). No caso de non pasar a proba de acceso devolverase o importe restando o prezo da proba de acceso.
Aqueles que superen esta proba, terán que facer o Bloque común + bloque específico e prácticas pra conseguir o título.
|
Ler máis...
|
Mércores, 31 Agosto 2016 08:41 |

A FGS precisa técnicos voluntarios e titulados nivel 1 pra realizaren unha sesión de bautismo de surf para diminuídos psíquicos e físicos esta fin de semana en Ferrolterra. Os interesados en participar nesta acción podedes porvos en contacto con eles por email ou teléfono.
|
Ler máis...
|
Martes, 23 Agosto 2016 12:47 |

Este curso de formación desenvolverase en xornada única o domingo 29 de Agosto en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas. Lugar: Casa dá cultura de Valdoviño. Este curso está dirixido a persoas afeccionadas ao deporte do Surfing que desexen alcanzar os coñecementos para o juzgamiento das distintas modalidades (surf de táboa curta, longboard, bodyboard, paddlesurf).
Este título é necesario para realizar funcións de Xuíz nas competicións oficiais da Federación Galega de Surf e a Federación Española de Surf. O curso está impartido por experimentados Xuíces Internacionais da Federación Española e Galega de Surf. O curso é dunha duración mínima de 8 horas de teoría e práctica. |
Ler máis...
|
Mércores, 25 Maio 2016 07:46 |

A vindeira fin de semana vai ter lugar a primeira concentración deste ano da preselección galega de surf e será en The Camp na praia de Doniños. Deberán ir a esta concentración, que será dende o venres 27 ás 16:00 horas ata o domingo 29 pola tarde, os seguintes preseleccionados por Kako García, o seleccionador galego:
|
Ler máis...
|
Luns, 02 Maio 2016 17:14 |
A pasada semana foi presentado o Calendario Oficial FGS Circuíto Galego 2016 de surf, bodyoard e paddle surf con menos probas que outros anos pero con mellores datas e boas expectativas de ondas de calidade superior. Debaixo tedes a relación de probas galegas e tamén outros campionatos estatais e internacionais que van ter lugar esta ano na nosa costa.
CIRCUITO GALEGO
- 7 e 8 de Maio en Patos: Junior de bodyboard e surf. (aprazado)
- 10, 11 e 12 de Xuño A Lanzada: Junior, bodyboard, surf, open surf, longboard e SUP ondas.
- 16, 17 e 18 de Xullo en Pantin: Junior, bodyboard, surf, open surf, longboard e SUP ondas.
- 16, 17 e 18 Setembro na praia de Furnas: Junior, bodyboard, surf, open surf, longboard e SUP ondas.
- 7, 8 e 9 Outubro en Razo: Junior, bodyboard, surf, open surf, longboard e SUP ondas.
- 15 e16 Outubro en Patos: Open surf, longboard e bodyboard.
|
Ler máis...
|
Luns, 18 Abril 2016 15:17 |

O próximo 30 de abril vai ter lugar na praia de Patos, o primeiro #SurfTalent. Un evento onde se certifica o nivel do deportista. Poden acceder deportistas técnicos e/ou afeccionados que desexen certificar o seu nivel deportivo e obter un grao de evolución deportiva. Para acceder tan só é necesario realizar a inscrición a través do correo talent(arroba)gradosdeevoluciondeportivas.es indicando nome, apelidos e lugar da convocatoria elixida. Non é necesario estar federado nin pertencer a unha escola. |
Ler máis...
|
|
Luns, 18 Abril 2016 13:50 |

A FGS ven de convocar un novo curso de xuices para este mes, este curso de formación desenvolverase en xornada única o sábado 23 de Abril en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 horas nas instalacións do Artsurfcamp na praia de Razo, en Carballo, e está dirixido a persoas afeccionadas ao deporte do surfing que desexen alcanzar os coñecementos para ser xuiz das distintas modalidades; surf, longboard, bodyboard e SUP.
Este título é necesario para realizar funcións de Xuíz nas competicións oficiais da Federación Galega de Surf e a Federación Española de Surf. O curso está impartido por experimentados xuíces da Federación Española e Galega de Surf, recoñecidos polas diferentes organizacións internacionais. O curso é dunha duración mínima de 8 horas de teoría e práctica. A formación compleméntase con asistencia a un campionato oficial como xuíz alumno (non remunerado). Os alumnos obteñen o título de Xuíz Nivel C (Rexional). Prezo: 60 euros
|
Ler máis...
|
Mércores, 06 Abril 2016 16:22 |
O técnico deportivo en Surfing nivel I é unha titulación oficial deportiva que forma ás persoas para ser técnicos deportivos de surf. Esta titulación está composta por unha proba de acceso que terá lugar o venres 22 na praia de Razo ás 16:00 horas. O custo é de 50 euros (xa incluídos no prezo do curso). En caso de non pasar a proba de acceso devolverase o importe restando o prezo da proba de acceso.
Aqueles que superen a proba de acceso poderán realizar o bloque común e mailo específico e as prácticas correspondentes..
|
Ler máis...
|
Mércores, 23 Marzo 2016 10:01 |

A semana pasada organizaronse varias xornadas de Técnico Evaluador de Grados Deportivos en Nigrán e Ferrol con moita participación e presenza de monitores de surf o xente dos diferentes clubes da nosa costa grazas ao traballo e colaboración da FGS, FES e Grados Deportivos. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 10 Marzo 2016 19:36 |

A vindeira semana ides poder asistir nas cidades de Vigo e Ferrol a unha xornada de Técnicos Evaluadores de Grados. O día 17 en Vigo en horario de 16 a 20h e o día 18 en Ferrol en horario de 9.30 a 13.30 en Doniños |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 14 |