Xoves, 27 Agosto 2015 17:34 |
O vindeiro luns 31 de Agosto, ás 7 da tarde nas instalacións do Pantin Classic na praia de Pantin en Valdoviño vaise realizar un Clinic gratuíto de Speaker impartido por Vicente Irisarri, mítico surfeiro galego e pai fundador de moitas iniciativas surfeiras na nosa costa. Este clinic terá validez pra facer prácticas no mesmo Pantin Classic 2015 e entrárase na bolsa de speakers oficiais da Federacion Galega de surf.
As inscricións realízanse via email en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
e telefono 986239095 dando o teu nome e apelido, peche de incripcións o luns ás 13:00
|
Ler máis...
|
Xoves, 20 Agosto 2015 18:13 |
O vindeiro 25 de Agosto está convocada a Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Surf ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda, no edificio da Fundación Deporte Galego, Estadio Multiusos San Lázaro, porta 4, Santiago de Compostela.
Nesta asamblea vanse tratar os seguintes puntos de moita importancia para o futuro da FGS: - Lectura , firma da acta anterior se procede e firma de asistencia.
- Modificación do regulamento do campionato galego.
- Novos estatutos (Sede Lugo).
- Cambio de nome (Federación Galega de surfing).
- Licencias SUP race.
- Xogos nauticos (Non e asumible de ir)
- Sancions escolas.
- Rogos e preguntas.
|
Ler máis...
|
Venres, 03 Abril 2015 13:09 |
Xa está aberto o prazo de inscripción do Curso de Adestrador de Surf Nivel 1 da Federación Galega de Surf que vai ter lugar no Forum de Carballo (A Coruña) as fines de semana de 15, 16 e 17 de Maio e 22, 23 e 24 de Maio.
Haberá unha proba de acceso na Coruña o 24 de Abril na praia do Orzán. Custe do curso 50€. |
Ler máis...
|
Xoves, 12 Marzo 2015 18:27 |
Vídeo oficial da FGS co resumo da pasada xornada do sábado en Corrubedo, Ribeira, cos rapaces e a detección de novos talentos e tamén co resumo da Gala do Surf Galego celebrada na Casa da Cultura do concello de Porto de Son onde os millores riders galegos do ano pasado recibiron os seus galardóns. |
Ler máis...
|
Mércores, 18 Febreiro 2015 19:12 |

A FGS ven de publicar na súa web o Calendario Galego Oficial 2015 de competición open. Este ano imos ter menos probas pero millores condicións e máis calidade de eventos. Debaixo tedes o cadro Open de surf, bodyboard, paddle e longboard pra que vaiades planificando a vosa participación nestas probas Open.
DATAS
|
OPEN
|
CLASIFICATORIO ESTATAL
|
MARZO
|
Oliñas
|
Si
|
XUÑO
|
Pantín
|
Si
|
OUTUBRO
|
Patos (Pico)
|
Non
|
ABRIL
|
Lariño *
(BODYBOARD e dropknee)
|
Si
|
|
Ler máis...
|
Martes, 10 Febreiro 2015 02:43 |

Xa está aberta a campaña 2015 da FGS pra renovar as fichas federativas que contan coas seguintes vantaxes:
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil con cobertura mundial.
- O federado con Licenza en vigor, podera participar en todas as actividades organizadas pola FGS, tales como cursos de iniciciacion, curso de formación de Xuices/Tecnicos beneficiándose dos correspondentes descontos.
- O federado con Licenza en vigor, podera participar nos campionatos organizados pola FGS.
- E ademais beneficiarase dun descontó dun 10% nos establecementos asociados de Galicia. Ver lista de establecementos asociados da FGS.

|
Ler máis...
|
|
Venres, 30 Xaneiro 2015 09:47 |
Despois da presentación do Calendario Provisional FGS 2015 queremos darlles a nosa noraboa ao equipo técnico que vai dirixir ás actividades deportivas da Federación Galega de Surf durante este ano. O novo equipo está formado por Marcos Pita novo Director de Competición, Kako Garcia como seleccionador nacional e Jesús María Guerra como Director Técnico. 
|
Ler máis...
|
Mércores, 28 Xaneiro 2015 18:22 |

A FGS ven de publicar o seu calendario provisional de competición para este ano 2015 coas probas do Circuíto Open e Junior de surf, bodyboard, longboard e paddle surf. O circuíto de surf open de momento está así:
- Marzo: Viveiro (Lugo).
- Abril: zona Ribeira, por determinar (A Coruña).
- Xuño: Pantín, Valdoviño (A Coruña).
- Campionato xuvenil de surf e bodyboard – CIRCUITO:
- Abril – Praia de Patos, Nigrán (Pontevedra).
- Marzo – Río Sieira (A Coruña).
- Maio – Razo (A Coruña).
|
Ler máis...
|
Martes, 20 Xaneiro 2015 13:02 |
Velaqui tedes a carta de presentación de Román Diez, novo Presidente da FGS, que ven de publicar na súa web pra agradecer todos os apoios recibidos estes primeiros días de mandato no seu posto oficial.
Saúdos a todos,
A xunta directiva e máis eu, Román Diez, como novo presidente da Federación Galega de Surf, queremos agradecer o apoio mostrado polo surf galego.
A nosa Xunta Directiva, está composta por persoas de tódalas partes de Galicia, xa que cremos que é boa unha representación repartida pola nosa costa. Chegamos con moita motivación e con moitas ganas de traballar. O noso obxectivo é dar unha nova imaxe á Federación, tanto visual como na organización da mesma, primando a calidade sobre tódalas cousas.
|
Ler máis...
|
Domingo, 18 Xaneiro 2015 10:54 |
A Federación Galega de Surf xa ten unha nova Directiva que foi apresentada a pasada semana e que está composta polas seguintes persoas que van traballar duramente os vindeiros catros anos:
PRESIDENTE:
VICEPRESIDENTE:
SECRETARIO e TESOREIRO:
VOCAIS:
- Patrick Vilán Landeiro
- David Diez Polo
- Hipólito Mariño Sieira
- Brandán Araújo Solou
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 13 |