Venres, 09 Xaneiro 2015 09:33 |

Segundo recolle a web da FGS e despois de se celebrar a derradeira asamblea da Román Diez elixido novo Presidente da Federación Galega de surf. Tamén se procedeu a elixir a comisión delegada que finalmente estará composta polos seguintes representantes: Club Surfeiros, Escola de surf de Pantin, Patrick Vilan, Raquel Amoedo e Eugenio Prados. Foto: Antonio Díaz.
|
Ler máis...
|
Domingo, 23 Novembro 2014 17:49 |
Graciñas Presidente por catro anos de duro traballo!! Debaixo tedes a placa conmemorativa entregada pola FGS ao noso ex-presidente José Silfo pola súa entrega e dedicación estes últimos catro anos dirixindo a Federación dende Malpica e facendo moitos kilómetros por toda a costa pra asistir e traballar en moitos campionatos e eventos.

|
Ler máis...
|
Martes, 11 Novembro 2014 09:10 |
Xa esta aberta a convocatoria da Federación Galega de Surf para as novas eleccións para o cargo de Presidente, Asamblea Xeral e Comisión Delegada para os vindeiros catro anos.
Deste xeito queda disolta a FGS actual e non se poderán tomar decisións importantes até despois das eleccións.
|
Ler máis...
|
Domingo, 02 Novembro 2014 16:25 |
Temos que comunicar a mala nova do feche da oficina de Malpica da Federación Galega de surf por mor da non renovación do convenio existente actual co Concello de Malpica.
Deste xeito a Costa da Morte perde a súa oficina territorial e soamente queda aberta a oficina de Vigo en horario de mañá.
|
Ler máis...
|
Mércores, 29 Outubro 2014 08:51 |

A FGS e AESA presentan un novo curso de Xuíz de Surf e Reciclaxe o vindeiro día 8 de Novembro en Ribadeo. O custe do curso é de 60€, ten unha duración de 8 horas e será impartido por Toni Obenza. O título está homologado pola FGS. |
Ler máis...
|
Xoves, 23 Outubro 2014 16:46 |

Xa está aprobado o regulamento electoral para as eleccións da Federación Galega de Surf que van ten lugar proximamente e que van decidir o futuro da nosa FGS durante os vindeiros catro anos. A convocatoria de eleccións realizarase o vindeiro 3 de Novembro e coñeceremos os nomes dos candidatos oficiais que se presenten.
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 09 Outubro 2014 19:47 |
Ata o día 15 deste mes estás a tempo de matricularte para o curso BLOQUE COMÚN nivel 1 que organiza a Federación Galega de Surf.
- Número de prazas 30.
- Prezo do curso 335€.
- O curso impartirase do 1 de Novembro até o 26 do mesmo mes.
- Exame presencial o día 20 de Decembro.
|
Ler máis...
|
Domingo, 13 Xullo 2014 18:09 |

Actualización: A nosa selección xa está camiño das praias francesas pra defender a nosa nación nos Xogos Naúticos Intercélticos 2014 e conseguir o mellor resultado. Boa sorte rapaces!! Foto: Twitter da FGS.
|
Ler máis...
|
Xoves, 26 Xuño 2014 08:36 |
Velaquí tedes o resultado do concurdo de deseño das zapatillas oficiais da Federación Galega de Surf no que a vencedora foi Sara Carmona cunha proposta moi orixinal realizada a man e no que mistura diferentes elementos do surf e bodyboard. 
|
Ler máis...
|
Domingo, 22 Xuño 2014 22:59 |
Estimados deportistas,
Anunciamos que hoxe se fixo pública a orde que autoriza a realización do bloque común para as titulacións de Técnicos deportivos no Centro Safe de Ourense. ORDE do 6 de xuño de 2014 pola que se autoriza o bloque común e complementario a distancia das modalidades deportivas de inverno e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, presencial e a distancia, ao Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas Safe Formación, do concello de Ourense.
Dende a Federación Galega de Surf anulamos a convocatoria publicada do bloque común co Centro Pebetero en Extremadura, pra poder finalmente realizar esta formación aquí en Galicia.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 13 |