Luns, 26 Maio 2014 00:02 |

A Federación Galega de Surf convoca un concurso para deseñar as súas Zapatillas Oficiais. Os deseños serán totalmente libres co único requisito de que han de conter o logo da FGsurf en algures da mesma. Estes deseños faranse a través da páxina Demyd.com xa que será a encargada de comercializar, unha vez escollido o deseño, a zapatilla oficial. |
Ler máis...
|
Mércores, 21 Maio 2014 11:37 |

Xa tedes na web da FGS a crónica oficial da primeira proba do Circuíto Galego celebrada na praia de Río Sieira o pasado sábado e que rematou coa victoria en surf open do mítico rider pontevedrés Milo Castelo e que levaba anos sen competir no circuíto pero segue a ser un dos grandes do surf galego. En Master o vencedor foi Derick Rey. Nico Nieto e Paula Paz foron os campións en bodyboard e surf feminino respectivamente.
|
Ler máis...
|
Luns, 19 Maio 2014 22:39 |
Vídeo da 1ª Concentración da Selección Galega de Surf 2014 que tivo lugar en Malpica de Bergantiños, onde os seleccionados xuveniles adestraron durante tres días baixo a supervisión do técnico Jesús Mª Guerra Naverán. Moi bo ambiente na concentración e moitas risas como podedes ver no vídeo. A nosa selección vai representar a Galicia este ano no Campionato por equipos de España 2014 na praia de Doniños do 4 ao 6 de Xullo e no Xogos Náuticos Atlánticos 2014 en Francia do 14 ao 19 de Xullo. |
Ler máis...
|
Martes, 29 Abril 2014 22:53 |
A Federación Galega de surf convoca curso de Adestrador Deportivo en Surfing Nivel I para o próximo mes de Xuño segundo a orde 3186/2013 do 7 de Decembro “periodo transitorio”. Este curso consta de 3 bloques:
- Bloque especifico: convocado pola Federación Galega de surf
- Bloque común: será convocado pola Consellería de Educación de Galicia.
- Bloque de prácticas: 150 horas de practicas realizadas nunha escuela oficial de la FGS
|
Ler máis...
|
Venres, 28 Marzo 2014 11:41 |
O pasado 25 de marzo tivo lugar a 1ª Asamblea Xeral da Federación Galega de Surf e aprobouse finalmente o Calendario Oficial 2014 da FGS de actividades deportivas relativo ao Circuíto Galego de Surf, Longboard, Bodyboard e SUP. Tamén tomaron outras decisións importantes como:
- Eliminación da categoría Sub-10 no Circuito Galego infantil e xuvenil de Surf. Esta categoría quedará incorporada dentro do Circuito Interescolas, que será organizado especialmente polas Escolas Oficiáis da FGS.
- Incorporación da categoría Sub-12 no Circuito Galego infantil e xuvenil de Surf 2014. Según os puntos anteriormente expostos, as categorías oficias do Circuito Infantil e xuvenil de surf serán Sub-12, Sub-14, Sub-16 e Sub-18 masculino e femenino.
- As categorías inferiores de bodyboard volverán a unirse ao circuito infantil e xuvenil de Surf. Denominandose pois “Circuito infantil e xuvenil de surf e bodyboard”.
- Cada deportista das categorías infantil e xuvenil, antes do peche de inscrpcion de cada proba, deberá remitir un listado cos técnicos que o acompañarán durante a competición. O listado debe remitirse a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- Incorporación da categoría “Logger” para o Circuito open de Longboard 2014. Esta categoría e de carácter non oficial, e decir, no e puntuable para o ranking do Circuito. Para anotarse na categoría “Logger” o competidor debe antes estar anotado na categoría oficial – Open longboard.
- Prezos inscripcions campeonatos Circuito Galego 2014.
|
Ler máis...
|
Domingo, 09 Marzo 2014 11:32 |
A Federación Galega de Surf ven de publicar na súa web un chamamento pra colaborar na procura de sponsors e patrocinios para este ano 2014.
falta de axudas por parte da Xunta, Concellos e Deputacións é a culpable dos escasos recursos cos que conta a nosa Federación xa que adican millóns de euros a manter campos de futbol e instalacións deportivas varias pero prácticamente cero euros ao noso deporte. |
Ler máis...
|
|
Xoves, 27 Febreiro 2014 19:06 |
Este curso finalmente realizarase de forma online. Aos alumnos inscritos neste curso entregaráselles unha documentación e unhas pautas a seguir para desenvolver un traballo que deberá ser entregado ao profesor nun máximo de 2 semanas desde que se lle entrega todo o material didáctico. Unha vez finalizada a parte teórica deste curso, o alumno deberá iniciar as prácticas nos campionatos do Circuíto Galego da tempada 2014.
Para aqueles interesados en prepararse como director de competición, o prazo de matricula estará aberto durante todo o ano. Unha vez matriculado, o alumno recibirá o material do curso e as indicacións para prepararse nesta formación.
|
Ler máis...
|
Luns, 03 Febreiro 2014 00:00 |
Xa está aberto o prazo de inscripción para o "Curso de Formación e Reciclaxe de Xuíces de Surfing" e "Curso de Formación de Director de competición e operador de sistemas”.
O curso de Xuíz de surf faráse o sábado 15 de Febreiro e ten unha duración de 8 horas e está dirixido a todas as persoas interesadas en adquirir os coñecementos necesario pra xulgar unha proba de surf, longboard, bodyboard e SUP. Con este curso poderás optar a outros novos niveis de formación.
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Xaneiro 2014 11:35 |
Velaquí tedes a mensaxe que colgou José Silfo, o presidente da Federación Galega de Surf, pra todos nós. Este ano o Presi non puido acudir a Gala do Surf 2014 así que gravou esta mensaxe de agradecementos con comentarios do que foi o ano pasado e o que nos espera pra o vindeiro ano. |
Ler máis...
|
Mércores, 01 Xaneiro 2014 21:24 |

Xa podedes tramitar as vosas licenzas federativas 2014 e evitar problemas, sustos e riscos innecesarios xa que este ano hai novidades como oteléfono de asistencia permanente para comunicar calquera accidente e un seguro de responsabilidade civil para os danos ocasionados a terceiros. Estas son as vantaxes dos federados:
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil (cobertura mundial)
- O federado con Licenza en vigor, podera participar en todas as actividades organizadas pola FGS, tales como cursos de iniciciacion, curso de formación de Xuices/Tecnicos beneficiándose dos correspondentes descontos.
- O federado con Licenza en vigor, podera participar nos campionatos organizados pola FGS.
- E ademais beneficiarase dun descontó dun 10% nos establecementos asociados de Galicia.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 13 |