Xoves, 27 Febreiro 2014 19:06 |
Este curso finalmente realizarase de forma online. Aos alumnos inscritos neste curso entregaráselles unha documentación e unhas pautas a seguir para desenvolver un traballo que deberá ser entregado ao profesor nun máximo de 2 semanas desde que se lle entrega todo o material didáctico. Unha vez finalizada a parte teórica deste curso, o alumno deberá iniciar as prácticas nos campionatos do Circuíto Galego da tempada 2014.
Para aqueles interesados en prepararse como director de competición, o prazo de matricula estará aberto durante todo o ano. Unha vez matriculado, o alumno recibirá o material do curso e as indicacións para prepararse nesta formación.
|
Ler máis...
|
Luns, 03 Febreiro 2014 00:00 |
Xa está aberto o prazo de inscripción para o "Curso de Formación e Reciclaxe de Xuíces de Surfing" e "Curso de Formación de Director de competición e operador de sistemas”.
O curso de Xuíz de surf faráse o sábado 15 de Febreiro e ten unha duración de 8 horas e está dirixido a todas as persoas interesadas en adquirir os coñecementos necesario pra xulgar unha proba de surf, longboard, bodyboard e SUP. Con este curso poderás optar a outros novos niveis de formación.
|
Ler máis...
|
Martes, 21 Xaneiro 2014 11:35 |
Velaquí tedes a mensaxe que colgou José Silfo, o presidente da Federación Galega de Surf, pra todos nós. Este ano o Presi non puido acudir a Gala do Surf 2014 así que gravou esta mensaxe de agradecementos con comentarios do que foi o ano pasado e o que nos espera pra o vindeiro ano. |
Ler máis...
|
Mércores, 01 Xaneiro 2014 21:24 |

Xa podedes tramitar as vosas licenzas federativas 2014 e evitar problemas, sustos e riscos innecesarios xa que este ano hai novidades como oteléfono de asistencia permanente para comunicar calquera accidente e un seguro de responsabilidade civil para os danos ocasionados a terceiros. Estas son as vantaxes dos federados:
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil (cobertura mundial)
- O federado con Licenza en vigor, podera participar en todas as actividades organizadas pola FGS, tales como cursos de iniciciacion, curso de formación de Xuices/Tecnicos beneficiándose dos correspondentes descontos.
- O federado con Licenza en vigor, podera participar nos campionatos organizados pola FGS.
- E ademais beneficiarase dun descontó dun 10% nos establecementos asociados de Galicia.
|
Ler máis...
|
Xoves, 22 Agosto 2013 14:38 |
Novas datas para o Campionato Galego de Soesto os días 6, 7 e 8 de Setembro. A Federación Galega de Surf apraza o evento pra non interferir coas series clasificatorias con nome de marca de champú do Pantín Classic.. unha mágoa que un evento comercial teña máis importancia que o noso Campionato máis importante. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 08 Agosto 2013 08:53 |
Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de Adestrador Deportivo en Surfing Nivel I organizado pola Federación Galega de surf que vai ter lugar o vindeiro mes de Outubro. Hai 30 prazas polo que vos recomendamos que se estades interesados en facelo contactedes o antes posible e reservedes unha praza.
Consultas e información: 986 23 90 95 de 11 h a 14 h (martes, miércoles y jueves) ata o 21 de Agosto. |
Ler máis...
|
|
Xoves, 01 Agosto 2013 22:14 |
Homenaxe as víctimas do accidente de Santiago de Compostela celebrado durante a 4ª proba Infantil e Xuvenil de Surf na Praia de Razo organizada pola Federación Galega de Surf.
|
Ler máis...
|
Luns, 15 Xullo 2013 00:00 |
Esta semana éstase a celebrar en Viana do Castelo os Xogos Náuticos Atlánticos 2013 do 14 ao 19 de Xullo e nos que a selección Galega está a representar a nosa bandeira branca e azul. Despois de varias concentracións pola Costa da Morte, nas praias de Razo, Malpica, Soesto, Laxe entre outras, o noso adestrador nacional Jesus Mª Guerra Naverán decidiu convocar para os próximos Xogos Náuticos aos seguintes deportistas na categoría de Surf:
Diego Álvarez Lourido (A Coruña)- Luis Ansín Mato (Pontevedra)
- Borja Malvar Crespán (Nigrán)
- Juan Fernández López (A Coruña)
- Ignacio Guisasola González (Pontevedra)
- Paula Paz Fraga (A Coruña)
- Isabel Gundín Pérez (Ferrol)
- Yolanda Rodríguez Aneiros (Ferrol)
En bodyboard, non houbo concentracións realizadas durante este ano e os seleccionados foron escollidos según as mellores posicións do ranking do circuito galego 2012 na categoría xuvenil de bodyboard. Polo tanto os convocados para os Xogos Náuticos serán:
- Carlos Megino Lorenzo (Pontevedra)
- Daniel Miguez Castro (Pontevedra)
|
Ler máis...
|
Venres, 03 Maio 2013 09:36 |
Julia Pérez del Río (607 Likes) é a gañadora do concurso de vídeos videos da Campaña Fedérate 2013! da FGS e lévase como premio unha prancha de surf de Gony Zubizarreta. O rider da costa da Morta, Borja Ortiz (199 Likes), quedou en segunda posición por diante de Fernando Barros. Podedes ver o vídeo gañador en https://www.facebook.com/photo.php?v=10200779831240202

|
Ler máis...
|
Mércores, 03 Abril 2013 22:04 |
A Federación Galega de Surf ven de anunciar un concurso de vídeos de apoio a súa campaña de captación de novos federados para este ano. É moi sinxelo participar, soamente tedes que enviar o voso vídeo explicando porque é importante estar federado do mesmo xeito que fai Gony Zubizarreta neste vídeo. O gañador do concurso vai ser o futuro propietario dunha prancha de surf do quiver de Gony. |
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 7 de 14 |