Mércores, 27 Febreiro 2013 00:00 |

Este ano a nosa Federación aposta pola creación dunha nova selección galega de surf e bodyboard e deste xeito poder competir coa nosa bandeira branca e azul en diferentes competicións como os Xogos Náuticos Atlánticos e a Copa de España. O seleccionador escollido é Jesús Guerra Naverán. Na web da Federación Galega de Surf podedes descargar os criterios de selección de deportistas e tedes a info completa. |
Ler máis...
|
Martes, 19 Febreiro 2013 00:00 |
Esta fin de semana a Federación Galega de Surf publicou un comunicado coas súas novidades decididas en dúas asambleias. O punto máis importante é a creación de novas categorías Sub-10, sub-14, sub-16 e sub-18 no Circuíto Galego Infantil e Xuvenil. Agora o competidor poderá inscribirse na categoría inmediantemente superior cando quedou entre os catro primeiros do ranking na sua categoría o ano anterior.
Hai que destacar a creación da categoría Master (+35) no Circuíto Open e que tamén que xa se poden repartir premios en metálico nas porbas Open de sur.
|
Ler máis...
|
Xoves, 07 Febreiro 2013 16:12 |
A Federación Galega de Surf precisa URXENTE mestres pra impartir cursos de formación, bloque especifico Nivel I e II Adestrador deportivo en Surfing. Experiencia mínima de 1 año demostrable. Valorarase formación e experiencia como mestre. Enviar CV á Federación antes do 20 de febreiro.
Requisitos:
Licenciado en CCAFD, Diplomado Mestre Esp. E.F., Ciclo Superior AAFD. Especialidades: Surf, Bodyboard, Longboard, Paddleboard.
|
Ler máis...
|
|
Martes, 05 Febreiro 2013 15:10 |
Comezan os cursos 2013 da Federación Galega de Surf coa convocatoria para a realización dun curso de "Tecnificación en Surf" que vai ter lugar na cidade da Coruña os días 14, 15 e 16 de febreiro. O curso será convalidado no área correspondente da Titulación de Adestrador deportivo Nivel II. (Técnica das manobras básicas en Surfing).
Prezo: 250€. Alumnos necesarios para dar o curso: 8 inscritos Obxectivos formativos:
- Analizar os estándares técnicos e as situacións no adestramento e a competición.
- Adaptar e concretar os ciclos e sesións de adestramento en función do dominio da técnica.
- Dirixir sesións de adestramento do surfeiro mostrando as técnicas propias deste nivel.
- Utilizar medios audiovisuais en a valoración de a técnica en adestramento e competición.
- Posta en práctica da devandita formación como adestrador.
|
Ler máis...
|
Luns, 04 Febreiro 2013 23:23 |
Este ano o Open de Surf vai contar con 5 probas: Malpica, Pantín, Razo, Patos e Burela. O Open de Bodyboard terá tamén cinco probas: A Frouxeira, Carnota, Pontevedra, Valcovo e Esteiro. Este ano a categoría de Xuvenil bodyboard intégrase no Open. O circuíto de Long e Paddle terá catro probas: Valdoviño, Muxía, Patos e Baiona. Como novidade importante temos que destacar o novo Circuíto Open de Paddleboard "Race" que contará con catro probas nas Rías Baixas. O circuíto Interescolas vai ter dúas probas no verán en Razo e Patos e haberá probas Galaico-Luso e Galaico-Astur pendentes de data. |
Ler máis...
|
Domingo, 20 Xaneiro 2013 20:04 |
Depois da exitosa campaña do ano pasado 'Fedérate en Galifornia' esperamos que a xente mostre de novo o seu apoio e manteña a súa licenza outro ano máis. Debaixo tedes os prezos das licenzas novas e das renovacións segundo o tipo de licenza.
Cuotas Licenza de Federado 2013 |
Federación Galega de Surf |
Tipo de Licenza |
Renovación |
Nova |
INFANTIL (0 a 14 anos) (1999, 2000, 2001, 2002…) |
16,00 € |
21,00 € |
XUVENIL (Entre 15 y 18 anos) (1995, 1996, 1997 y 1998) |
21,00 € |
26,00 € |
SENIOR (Mayores de 18 anos) ( 1994, 1993, 1992, 1991…) |
26,00 € |
31,00 € |
XUÍZ |
31,00 € |
41,00 € |
TÉCNICO |
41,00 € |
51,00 € |
DIRECTIVO (SEN SEGURO) |
|
10,00 € |
ESCOLA (1º Año) |
|
20,00 € |
CURSIÑOS |
|
4,00 € |
|
Ler máis...
|
Luns, 14 Xaneiro 2013 17:01 |
A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF xa ten aberto o prazo de solicitude de colaboración ou patrocinio nos proxectos que serán organizados pola Federación Galega de surf para a tempada 2013. Estas solicitudes de colaboración ou patrocinio deben ser enviados a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
co formulario cuberto completamente e con data límite o vindeiro venres 25 de Xaneiro de 2013.
Os requisitos para organizar un proba do circuito galego 2013 seguirá os criterios do 2012, a excepción de que será a Federación Galega de surf a que asuma todos os costes relacionados co pago de soldos do Equipo Técnico e demais Staff.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 8 de 13 |