Mércores, 29 Agosto 2012 14:47 |
Xa está aberta a convocatoria para o curso de formación de nivel 1 para técnico en Paddle surf e dirixido aos monitores de surf, bodyboard e longboard. O curso realizarase nun so día, o 29 de setembro, en dúas partes de mañá e tarde, na praia de Patos en Nigrán. Custe do curso: 60€
Áreas Formativas:
técnica e táctica SUP, materiais de SUP, seguridade e hixiene SUP, regulamento SUP, adestramento e Didáctica SUP
|
Ler máis...
|
Mércores, 22 Agosto 2012 10:49 |
A Federación Galega de Surf precisa urxente Monitores Titulados preferiblemente da provincia de A Coruña. A FGS impartirá un curso de surf e bodyboard para o concello de Muxia na Praia de Nemiña, dende o 27 de agosto ao 31 de agosto. Horario de mañá: de 11.00 h a 13.00 h. Remuneración e dietas de desplazamento, manutención e pernocta estipuladas pola Federación galega de surf.
Por favor, os interesados que se poñen en contacto o antes posible no seguinte email
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Teléfono de contacto: 981 720118 en horario de 10.00 h a 14:00h (luns a venres) |
Luns, 20 Agosto 2012 00:01 |
Depois de 4 anos de duro traballo a prol do surf galego e a publicación das novas máis importantes pra nosa comunidade, temos que comunicarvos que este mes asinamos o Iº Convenio de Comunicación entre a Federación Galega de Surf e SurfGZ.com pra reforzar e formalizar unha relación que leva xa funcionando dende os comezos da nosa web no verán do 2008.
Un dos nosos principais obxetivos sempre foi darlle unha visibilidade importante ás novas da FGS e xa contan co seu proprio logo e noticias sindicadas RSS en toda a web. Tamén levamos máis de 200 noticias relacionadas cos seus eventos, cursos e campionatos nestes 4 anos e queremos seguir apoiando todas as súas iniciativas tan necesarias pra fortalecer e artellar unha verdadeira comunidade surfeira galega.
Moitas grazas a todo o equipo da Federación Galega de Surf por confiar na nosa web!
|
Martes, 07 Agosto 2012 13:06 |
Este sábado vas poder visitar o stand e comprar a roupa da Federación Galega de Surf que atoparás se pasas polo O'Marisquiño 2012, o evento de skate máis grande de Galiza que vai sorprender pola súa gran cantidade de actividades e a nova rampa deste ano 'O chimpo do Carallo'. 
|
Ler máis...
|
Luns, 09 Xullo 2012 00:01 |
A Federación Galega de Surf presentou a pasada semana o I Circuíto Interescolas 2012 co obxetivo de motivar a participación dos alumnos das escolas galegas de surf no mundo da competición deportiva e de paso encher o período do verán, máis frouxo en canto a condicións de ondas para a realización de campionatos Open e Junior dos correspondentes circuítos oficiais.
Este circuíto Interescolas consistirá, neste ano 2012, en dúas probas organizadas pola FGS nos meses Xullo e Agosto, unha na praia de Patos (Nigrán), e outra na praia de Razo (Carballo). A primeira proba terá lugar no areal de Razo (Carballo) o dia 21 de xullo. Ademáis da proba terá lugar no mesmo areal o Festival de música Sereas e Piratas. A diversión estará garantida todo a fin de semana para todo o que desexe achegarse a ver e por suposto para os participantes que serán os protagonistas. |
Ler máis...
|
|
Luns, 18 Xuño 2012 00:00 |
Resumo da proba de acceso para o Curso de Adestrador de surf nivel I da Federación Galega de Surf celebrada na praia de Doniños en Ferrolterra o pasado día seis de Xuño. |
Ler máis...
|
Luns, 26 Marzo 2012 00:00 |
Xa está aberta a inscripción para o "Curso de Adestrador de Surf de Nivel II: Bloque Específico". A Federación Galega de Surf convoca este curso a realizaren nos meses de Abril e Maio na cidade da Coruña e cun prezo de 550€.
Pra facer o curso son necesarios un mínimo de 20 alumnos.
|
Ler máis...
|
Luns, 20 Febreiro 2012 00:00 |
A Federación Galega de Surf acaba de abrir a súa tenda online na que podedes mercar as camisolas e sudadeiras oficiais de 2012. Tedes varios modelos da colección Galifornia e outros bos deseños que podedes levar e vestir moda galega surfeira. As camisolas custan 15€ e as sudadeiras a 25€.

|
Ler máis...
|
Xoves, 02 Febreiro 2012 14:34 |
A Federación Galega de Surf vai realizar un Curso de Meteoroloxía aplicada ao Surf e os deportes naúticos. Este curso farase os días 21 e 22 de Abril e ten un custe de 75€ (5€ de desconto para os federados).
O curso será impartido por Tony Butt e Gabriel Pérez de European Surf Forecasting, dous expertos no tema e con moito prestixio internacional.
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 9 de 13 |