Surf FGS Vantaxes do Curso de Adestrador Nivel 2 da FGS
Vantaxes do Curso de Adestrador Nivel 2 da FGS
Mércores, 02 Febreiro 2011 00:00

Recentemente a FGS anunciou que fará durante o mes de Febreiro o Curso do Bloque Específico de Adestrador de Surf de Nivel II e desde entón recibimos diariamente correos consultándonos a quen lle interesa realizar este curso e que vantaxes ten sobre o Nivel I.

En primeiro lugar debemos resaltar que a Federación Galega de Surf leva uns anos nun proceso de transición durante o que tentamos regular e adaptar a actividade de técnicos e escolas ao Real Decreto 1363/2007, do 24 de Outubro, polo que establécese a ordenación xeral dos ensinos deportivos de réxime especial.

Este proceso cumpriu xa unha etapa e urxe avanzar na formación dos nosos técnicos. A continuación tentaremos resumir algunhas das diferenzas básicas entre os diferentes niveis e os obxectivos que a FGS ten para cada un deles:

Nivel I: Neste próximo curso formaranse técnicos de Nivel II polo que a partir da próxima tempada, os ténicos de Nivel I pasarán a exercer labores similares ás que englobaba o antigo título de "Monitor-Inisiador" e con el poderanse impartir clases de iniciación en materia teórica e práctica, e poderán tamén programar e no seu caso dirixir o adestramento nun estadio básico. Poderán tamén colaborar no desenvolvemento técnico das probas, etc, e poderán colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel superior (Nivel II e III).

Nivel II: Poderán impartir clases de perfeccionamento, perfeccionando a execución dos elementos técnicos e tácticos, programar e dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, promover e participar no desenvolvemento técnico das competicións e colaborar como titor do período de prácticas correspondente ao nivel I, polo que a partir da próxima tempada só os Adestradores de Nivel II e superiores poderán certificar as prácticas dos Adestradores de Nivel I, etc... Tamén a partir da próxima tempada os Adestradores de Nivel II e superiores serán os únicos que poderán asistir como técnicos acompañando aos deportistas aos campionatos e obter así os beneficios correspondentes.

Nivel III: Planificar e dirixir o adestramento de deportistas e equipos, dirixir e coordinar a actividade dos adestradores de nivel inferior, participar na formación de adestradores, xestionar as escolas de tecnificación deportiva e promover e participar na organización e desenvolvemento de competicións. Polo que unha vez que se formaron adestradores de Nivel III (presumiblemente antes de Decembro de 2012), estes serán os únicos que poderán certificar as prácticas dos adestradores de Nivel II, así como participar na formación doutros entrenadoress. Ademais, a partir de entón, todas as Escolas de surf asociadas á Escola Galega de Surf deberán estar dirixidas por un Adestrador de Nivel III.

Se queres inscribirche no curso de Entrandor de Surf de Nivel II: Bloque Específico, tes toda a información necesaria na web da FGS:

http://www.fgsurf.com/


 
1 Vote


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: