Surf FGS Aberta a solicitude de proxectos na FGS para o 2012
Aberta a solicitude de proxectos na FGS para o 2012
Venres, 23 Decembro 2011 11:02

A nosa Federación ven de abrir o prazo pra presentacion de proxectos para a organización de eventos da tempada 2012. Os diferentes eventos a organizar son: Probas do Circuito Galego Open de surf, Circuito Galego Open de bodyboard, Circuito Galego Open de Longboard e probas do Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf e bodyboard. Non haberá premios en metálico salvo decisión da Asamblea desta Federación, a cal se celebrara a comezos do vindeiro ano.

Os requisitos para organizar un proba do circuito galego  2012 seguirá os criterios do 2011. Pódense consultar no documento de solicitude de actividades.

Poderán presentarse proxectos para un evento que teña máis dunha modalidade se se teñen en conta os días necesarios e as necesidades para o normal desenvolvemento da competición. Estes proxectos deben ser enviados a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co modelo de solicitude (pinchar aquí) cuberto completamente e con data límite o 31 de Decembro de 2011.

Os criterios de selección de proxectos serán relacionados coa calidade da organización proposta. As datas para as probas do circuito, deben estar principalmente  comprendidas para a sua realización, entre o mes de Febreiro – Xuño e Setembro - Decembro de 2012 (para evitar aprazamentos por malos partes de ondas). A data final debe ser aprobada pola  Asambela da FGS e débese ter unha data de reserva.

Máis info en:

http://www.fgsurf.org/novas/comunicados/206-presentacion-de-solicitude-de-proxectos-para-a-tempada-2012.html

 
1 Vote


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: