co formulario cuberto completamente e con data límite o vindeiro venres 25 de Xaneiro de 2013." /> Aberto o prazo de presentación de solicitudes para patrocinios e convenios coa FGS | SurfGz.com - As Novas da Praia - Surf Galiza Longboard Paddle Bodyboard
Surf FGS Aberto o prazo de presentación de solicitudes para patrocinios e convenios coa FGS
Aberto o prazo de presentación de solicitudes para patrocinios e convenios coa FGS
Luns, 14 Xaneiro 2013 17:01

A FEDERACIÓN GALEGA DE SURF xa ten aberto o prazo de solicitude de colaboración ou patrocinio nos proxectos que serán organizados pola Federación Galega de surf para a tempada 2013. Estas solicitudes de colaboración ou patrocinio deben ser enviados a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co formulario cuberto completamente e con data límite o vindeiro venres 25 de Xaneiro de 2013.

Os requisitos para organizar un proba do circuito galego  2013 seguirá os criterios do 2012, a excepción de que será a Federación Galega de surf a que asuma todos os costes relacionados co pago de soldos do Equipo Técnico e demais Staff.

O club ou entidade interesado en aportar a sua colaboración ou patrocinio en unha ou mais probas presentadas pola Federación Galega de surf, debe enviar o modelo de solicitude cuberto, tal e como se indica arriba, e colaborara nos seguintes aspectos:

  • Trofeos e premios para os catro primeiros clasificados en cada categoría e modalidade.
  • Elaboración do cartel publicitario do evento.
  • Comida para os competidores e staff técnico.
  • Publicidade do evento nos medios dos que dispoña o club ou entidade.
  • Organización de actividades paralelas a competición para amenizar ou facer mais atractivo a xornada de competición.

O clube ou entidade será o colaborador ou patrocinador oficial da proba ou probas a solicitar. O clube ou entidade terá dereito a poñer a sua propia publicidade na Praia onde se desenvola o evento.



Os diferentes eventos a organizar pola Federación Galega de Surf son:

Os lugares e datas son provisionais, ata a sua aprobación na Asamblea.

Circuito Galego open de surf

-     1ª proba open de surf – Lugo (Praia de Oliñas). Data: 9-10 de Marzo.

-     2ª proba open de surf – Malpica. Data: 13-14 de Abril.

-     3ª proba open de surf – Pantin. Data: 22-23 de Xuño.

-     4ª proba open de surf – Razo. Data: 6-7 de Xullo (con prazo de espera)

-     5ª proba open de surf – Doniños. Data: 3-4 de Agosto (con prazo de espera)

-     6ª proba open de surf – Patos. Data: Octubre -  Noviembre (con prazo de espera)

Circuito Galego open/xuvenil de Bodyboard

-     1ª proba open de surf – Valdoviño (Praia de A Frouxeira). Data: 16-17 de Febreiro.

-     2ª proba open de body – Faro (Carnota). Data: Marzo – Abril (con prazo de espera).

-     3ª proba open de body – Cambouzas (Arteixo). Data: 4-5 de Maio.

-     4ª proba open de body – Doniños. Data: 3-4 de Agosto. (con prazo de espera) - (Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Doniños).

-     5ª proba open de body – Esteiro. Data: 7-8 de Setembro.

-     6ª proba open de body – Pontevedra. Data: Octubre (con prazo de espera)

Circuito Galego open de Longboard-Paddleboard

-     1ª proba open de Long-Paddle – Pantin. Data: 22-23 de Xuño. (Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Pantin.

-     2ª proba open de Long-Paddle – Nemiña. Data: prazo de espera.

-     3ª proba open de Long-Paddle – Patos. Data: Prazo de espera.

Circuito Galego Infantil e Xuvenil de surf

-     1ª proba Infantil/xuvenil de surf – Ribadeo. Data: 23-24 de Febreiro.

-     2ª proba Infantil/xuvenil de surf – A Lanzada. Data: 27-28 de Abril.

-     3ª proba Infantil/xuvenil de surf – Malpica/Razo. Data: 6-7 de Xullo (con prazo de espera). Farase en conxunto coa proba open de surf a celebrar en Razo.

-     4ª proba Infantil/xuvenil de surf – Campelo/Pantin. Data: 17-18 de Agosto.

-     5ª proba Infantil/xuvenil de surf –  Arteixo/Bastiagueiro. Data: 14-15 de Setembro.

-     6ª proba Infantil/xuvenil de surf – Patos. Data: Octubre – Noviembre (con prazo de espera.

Campeonatos Galegos

-     Campeoanto Galego individual e por equipos – Praia de Soesto (Laxe)

-     Campeonato O Mellor dos Mellores – Praia de Orzan (A Coruña)

A FEDERACIÓN GALEGA de SURF para todos os eventos do 2013, presentará a proposta de organización na primeira Asamblea do ano, para organizar as probas do circuito anteriormente expostas. Na Asamblea levarase a proposta de colaboración ou patrocinio de cada clube ou entidade para a sua aprobación.

Presentarase na Asamblea a oportunidade de ofrecer premios en Metálico. Este punto debe ser aprobado pola Asamblea Xeral. A data final de cada proba debe ser aprobada pola Asambela da FGS e débese ter unha data de reserva ou prazo de espera. Despois da Asamblea será publicado o calendario definitivo onde figurarán tamen os colaboradores ou patrocinadores de cada proba.

Os interesados deben enviar as suas solicitudes de colaboración ou patrocinio por email á dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , con data límite o 25 de Xaneiro de 2013.

Descargar SOLICITUDE (.DOC)

 
3 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: