Surf FGS Convocada a Selección Galega para os Xogos Náuticos Atlánticos 2013 en Portugal
Convocada a Selección Galega para os Xogos Náuticos Atlánticos 2013 en Portugal
Luns, 15 Xullo 2013 00:00

Esta semana éstase a celebrar en Viana do Castelo os Xogos Náuticos Atlánticos 2013 do 14 ao 19 de Xullo e nos que a selección Galega está a representar a nosa bandeira branca e azul. Despois de varias concentracións pola Costa da Morte, nas praias de Razo, Malpica, Soesto, Laxe entre outras, o noso adestrador nacional Jesus Mª Guerra Naverán decidiu convocar para os próximos Xogos Náuticos aos seguintes deportistas na categoría de Surf:

  • Diego Álvarez Lourido (A Coruña)
  • Luis Ansín Mato (Pontevedra)
  • Borja Malvar Crespán (Nigrán)
  • Juan Fernández López (A Coruña)
  • Ignacio Guisasola González (Pontevedra)
  • Paula Paz Fraga (A Coruña)
  • Isabel Gundín Pérez (Ferrol)
  • Yolanda Rodríguez Aneiros (Ferrol)

En bodyboard, non houbo concentracións realizadas durante este ano e os seleccionados foron escollidos según as mellores posicións do ranking do circuito galego 2012 na categoría xuvenil de bodyboard. Polo tanto os convocados para os Xogos Náuticos serán:

  • Carlos Megino Lorenzo (Pontevedra)
  • Daniel Miguez Castro (Pontevedra)

A equipaxe oficial ven feita por TSP The Surfeiros Piratas que é o patrocinador oficial da selección en Portugal. 

+ info en:

http://www.fgsurf.org/novas/circuito/444-seleccion-galega-de-surf-xogos-nauticos-atlanticos-portugal-2013.html

 
4 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: